
En Carballo, este luns haberá unha charla sobre retribución flexible
13 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Festival Escena Muller, impulsado pola compañía aAntena Teatro, co apoio da Deputación provincial, desenvólvese este ano en tres concellos da zona e hoxe chegará a Vimianzo con talleres ambientais no CEIP San Vicenzo a cargo da asociación camariñá Mar de Fábula.
De outro lado, o Grupo M Gestión, de Carballo, levará a cabo este luns unha charla sobre retribución flexible. Será ás 18.30 horas no Fórum, e require de inscrición previa nun formulario web. O relatorio, a cargo de especialistas en previsión social, vai destinado a empresas e traballadores.