A ciencia e a arte máis solidarias danse a man en Bueu

Alfredo López Penide
L. Penide BUEU / LA VOZ

CIENCIA

CONCELLO DE BUEU

29 abr 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A ciencia e a arte serán protagonistas na Praza Massó de Bueu do segundo Festival Artístico Solidario Art for Change. Trátase dunha iniciativa do IES Johan Carballeira na que colabora toda a comunidade educativa, as asociacións de nais e pais da vila, os centros educativos e colectivos da comarca, así como o concello. Na carpa habilitada desenvolveranse actividades nas que se achegará a ciencia e a arte aos diversos sectores da cidadanía, e coas que tamén se recadarán fondos para as asociacións Save the Children e 13 grados.

Aínda que ás oito da mañá a Asociación Cunchas e Flores confeccionarán unha alfombra floral, a apertura oficial do festival terá lugar ás 12 e ás 12.30 horas desenvolverase a obra de teatro O mar que nos move.