Os títeres centran a escena

ESCUELA

Os monicreques de Periferia Teatro achegan a «Pingüín» aos cativos galegos.
Os monicreques de Periferia Teatro achegan a «Pingüín» aos cativos galegos. C.

«Pingüín» e «O galo Quirico e os seus amigos», novas propostas de lecer en familia

16 may 2012 . Actualizado a las 12:07 h.

Cultura con arte e moita personalidade, pois os seus artífices no son outros que persoas, é a proposta de Novacaixagalicia para un maio que celebrará un ano máis, e xa van cincuenta, as súas Letras. As convocatorias para contribuír a manter viva a memoria galega están abertas (véxase a columna da dereita), mentres que o show prosegue en escena.

A compañía murciana Periferia Teatro, que se se dedica dende 1989 á investigación e a difusión do teatro de monicreques para os cativos, obtivo con Pingüín, o galardón á mellor proposta dramática na Feira de Monicreques de Lleida 2000 e a distinción ao mellor espectáculo no Festival Internacional de Monicreques de Praga 2004. Esta función de monicreques para disfrutar en familia representarase no Centro Sociocultural Novacaixagalicia da Coruña o vindeiro 26 de maio, sábado, ás 18.00 horas. As entradas para esta representación sobre as relacións cotiás entre pais e fillos, tan naturais e aso tempo complexas, estarán á venda no centro durante o seu horario de apertura habitual, así como a través de Servinova ou na billeteira telefónica no número 902 504 500.

Se un pingüín cambiará a Antártida por vir a actuar na Coruña en busca da complicidade do seu público, un galo de conto sairá a escena no Centro Sociocultural Novacaixagalicia de Lugo o sábado 26 de maio ás 12.00 e mais ás 18.00 nunha función destinada así mesmo ao público familiar.

Viravolta Títeres é a compañía encargada da representación da obra O galo Quirico e os seus amigos, que está baseada en O Quirico lambón, unha versión do conto popular a cargo do escritor Bernardino Graña. O autor lanzou esta obra hai 15 anos, interpretando unha das historias infantís populares que nos legou a literatura da nosa tradición oral, e que modificou a moitas veces crúa realidade dos feitos.

Pingüín enfronta ao público á situación que debe encarar un pequeno cando a familia abre os brazos a un novo membro. Bobo, o protagonista, comeza coa chegada dun irmán unha nova etapa na súa infancia. O galo Quirico é parte de moitas. E segue a ir de voda ante a expectación das familias galegas de hoxe.