Hoxe falamos da Historia da Filosofía, Historia de España, Química e Arte

J. N.

ESCUELA

<span lang= gl >Exame de selectividade do pasado xuño en Santiago</span>
Exame de selectividade do pasado xuño en Santiago XOAN A. SOLER

La Voz Explica: Profesores da escola pública galega axúdanvos a preparar a selectividade

12 nov 2025 . Actualizado a las 18:47 h.

Esta semana falamos de filosofía, arte, historia e química na serie de LVE Explica dedicada á selectividade. 

@lvexplica

Respondemos a unha pregunta superimportante para preparar o exame de Filosofía. Como se fai o comentario de texto? 👨ðŸ»â€ðŸ«Xosé Manuel Domínguez, profesor de Filosofía no IES Salvaterra de Miño, explícacho #lavozexplica #selectividad #2bachillerato #historiadelafilosofía #pau2026

♬ sonido original - La Voz Explica - La Voz Explica

«Os comentarios de texto en Filosofía teñen introdución (contexto), análise (sinalar as ideas), desenvolvemento (explicalas) e conclusión (influencia)».

Xosé Manuel Domínguez, profesor de Historia da Filosofía no IES Salvaterra de Miño, desvelou os seus trucos do comentario de texto: «O comentario debe ter catro partes ben diferenciadas. A primeira é a introdución e debes incluír o contexto histórico e filosófico do autor, mergullarte na súa biografía. Unha vez feito, terás que analizar o texto que che propoñan, identificando a idea principal e as secundarias e os conceptos clave. Despois chega o desenvolvemento, no que debes explicar as ideas do autor. E a conclusión é resumir a súa influencia no futuro, mesmo na actualidade». 

@lvexplica

Arrancamos co repaso das obras para a PAU de Historia da Arte. Neste primeiro vídeo, centrámonos na Centauromaquia. 👨ðŸ»â€ðŸ«Francisco Canoura é profesor de Historia da Arte no IES Salvador de Madariaga da Coruña. #lavozexplica #pau2026 #selectividad #historiadaarte #2bachillerato

♬ sonido original - La Voz Explica

«Na metopa Centauromaquia no Partenón, Fideas introduce a simboloxía do raciocinio fronte á barbarie»

Francisco Canoura, profesor de Fundamentos da Arte no IES Salvador de Madariaga (A Coruña), fixouse na Centauromaquia, unha das metopas do friso do Partenón encargada por Fidias: «Na PAU, primeiro teriades que falar do contexto histórico-artístico da obra e despois continuar coa análise formal e técnica» dunha obra con todas as características do clasicismo grego e o simbolismo da loita entre os humanos (raciocinio) e os centauros (a barbarie).

@lvexplica

Empezamos a repasar los ejercicios de Química para la PAU del 2026. â–ªï¸En este caso, Susana Vallejo, profesora en el IES A Pinguela de Monforte, te explica un problema de reacciones químicas. Este es el enunciado: Se dispone de una disolución acuosa de ácido clorhídrico (HCl) al 37% en masa de riqueza y densidad 1,18g/ml. Calcule el volumen de esta disolución necesario para reaccionar con MnO2 en exceso y obtener 50l de cloro gas (Cl2) medidos a 0ºC y 1 atmósfera de presión. DATOS: M(HCl) = 36,5 g/mol; constante de los gases ideales R = 0,082 l∙at/K∙mol #lavozexplica #química #pau2026 #selectividad #2bachillerato

♬ sonido original - La Voz Explica - La Voz Explica

 «Lo primero es calcular los moles que tenemos en la reacción de cloro»

Para os máis científicos, Susana Vallejo fala da resolución dun exercicio clave no exame de Química da PAU. A profesora do IES A Pinguela de Monforte detallou, paso a paso, como resolver un problema de reaccións químicas. É un exercicio de estequiometría, unha palabra estraña, pero que xa deberías coñecer.

@lvexplica

🤔Como se resolve a corrección de erros do exame de Historia da PAU 2026? â—¼ï¸Ãlvaro Rodríguez, profesor de Historia do IES A Paralaia de Moaña, móstranos, a través dun exemplo, como resolvelo. Este é o enunciado: A chegada ao trono de Felipe IV en 1621 marcou o inicio do valimento do Conde-Duque de Olivares, que tentou fortalecer o poder da monarquía hispánica nun momento de grave crise económica e militar. Olivares elaborou os seu programa político no coñecido Gran Memorial; de 1624, no que propuña unha maior uniformidade legal e contributiva entre os diversos reinos. O proxecto máis importante de Olivares foi a chamado Catastro de Ensenada, presentado en 1626, que pretendía crear un exército común . Esta proposta foi rexeitada polas distintas Cortes da Coroa de Aragón. Coincidindo coa rebelión catalá, en decembro de 1640 Portugal declarou a súa independencia. Finalmente, Cataluña chegou a un acordo co rei manténdose en España a cambio de perder os seus foros. 1.1. Identifique as informacións erróneas. 1.2. Explique o erros detectados.  1.3. Proceda á súa redacción correcta. #lavozexplica #historiapau #selectividad #pau2026 #2bachillerato

♬ sonido original - La Voz Explica - La Voz Explica

 «Na pregunta competencial de Historia de España hai que identifica dous erros, explicalos e facer unha enunciación correcta do texto»

Álvaro Rodríguez, profesor de Historia de España no IES A Paralaia (Moaña) propón ao alumnado un exercicio con dos erros para que o resolva. É a pregunta competencial da PAU e neste caso o exemplo do que fala é do Catastro de Ensenada «presentado en 1626, que pretendía crear un exército común. Esta proposta foi rexeitada polas distintas Cortes da Coroa de Aragón». Rodríguez explica onde está o erro: «O catastro de Ensenada non foi un proxecto do conde-duque de Olivares, que fixo un proxecto que se chamaba a Unión de Armas, para crear un exército que contara con soldados e recursos de todos os territorios de España». O segundo erro era sinalar que Cataluña quedara na Coroa se esta respectaba os seus foros, non perdéndoos, como dicía o texto inicial.