A revista «Terras do Ortegal» chega ao número 12

LA VOZ CERDIDO

CERDIDO

<span lang= gl >Presentación da publicación en Cerdido</span>
Presentación da publicación en Cerdido CEDIDA

Xa se presentou en Ortigueira, Cedeira e Cedeira, e este mes farase tamén en Cariño e Mañón

03 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A revista «Terras do Ortegal», editada polo colectivo cultural homónino, xa vai polo número 12, que inclúe 13 artigos de diversos autores ao longo de 340 páxinas. 

Na imaxe vese a presentación en Cerdido, na que participaron Bernardo Penabade, profesor e socio do colectivo; o alcalde, Alberto Rey; Manuel Bouzamayor, presidente de Terras do Ortegal; Amalia Díaz, concelleira de Cultura; e Chema Sierra, autor de Meteo Ortegal e colaborador da publicación.

 Antes, xa se dera a coñecer en Ortigueira e Cedeira. O 8 de agosto será o acto en Cariño e o 14, en Mañón. O dosier central versa sobre as mulleres da comarca.