Todo en marcha para o terceiro Foro dos Vivos, que será o día 30 no Porto do Cabo, en Valdoviño

LA VOZ CEDEIRA

VALDOVIÑO

CEDIDA

Expertos falarán de distintos aspectos do Camiño de Santo André de Teixido e haberá produtos da zona para degustar

12 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O terceiro Foro dos Vivos chegará a O Porto do Cabo (o lugar ten casas en Valdoviño, Cedeira e Cerdido) o día 30 de novembro. Alí, ao pé da capela Virxe do Camiño, haberá unha carpa, onde servirán caldo tradicional e haberá produtos da zona para degustar.

Na xornada, dentro da capela, abordaranse as historias e a tradición do Camiño de Santo André de Teixido, con Loli Rubido (Roteiros Lexendarios), o investigador local Pepe Riola, e a actriz e xestora cultural Soledad Felloza.

Sergio Muíño, de Eufundevivo, e Paula Grande, de ACSM, falarán «dun camiño en movemento». E representantes dos concellos e institucións da ruta a Teixido abordarán «a conexión no territorio». Todo con acceso libre. Organiza a Asociación de Veciños Porto do Cabo e Eufundevivo, con apoio da Deputación.