?n tribunal de Miami condenou ao armador galego Antonio Vidal Pego a catro anos de liberdade condicional e o pagamento dunha multa por valor de 312.00 euros por conspiración e venda ilegal de 26 toneladas de pescada negra introducida, no 2004, nos Estados Unidos a través deste porto, segundo denuncia Oceana. Esta organización ecoloxista foi a que difundiu esta sentenza e afirma que a pescada negra, tamén coñecida como bacallau polar é unha especie ameazada que require de permisos especiais de organismos internacionais para a súa captura, importación e venda. A sentenza, segundo datos aportados por Oceana, indica que a liberdade provisional do empresario lle obriga o cese de calquera relación, directa o indirecta, coa pesca e comercialización de pescada negra nos Estados Unidos. Ademais ten a obriga de presentarse antes as autoridades dese país sempre que o requiran. Outros casos Os ecoloxistas amosan tamén a súa satisfacción por esta condena e lembran a relación da empresa de Antonio Vidal co Viarsa 1, un pesqueiro que protagonizou hai tres anos unha espectacular fuxida de 4.000 millas durante máis de 20 días das patrulleiras australianas, que perseguían o buque tras acusalo tamén de captura ilegal de pescada negra. Este caso resolveuse sen unha condena formal por este delito por parte das autoridades de Camberra. Esta organización ecoloxista tamén fai referencia a outro barco deste empresario que, segundo Oceana, foi obxecto dun expediente por parte da Secretaria Xeral de Pesca do ministerio tras una operación de transbordo de subministracións desde o Galaecia o Hammer , un buque que figura nos rexistros piratas da organización internacional que regula a pesca en augas antárticas..