«Galicia xógase o seu futuro en Bruxelas nos próximos meses»

Mario Beramendi Álvarez
mario beramendi SANTIAGO / LA VOZ

GALICIA

Ana Miranda.
Ana Miranda. paco rodríguez< / span>

Ana Miranda, Eurodiputada do Bloque Nacionalista, cre que é posible unha «Europa social e dos pobos»

28 dic 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Chegou a Bruxelas en 1999 para dirixir a oficina do primeiro eurodiputado nacionalista, Camilo Nogueira. E dende entón estivo vinculada á UE. Número dous da lista á Eurocámara que presentaron Europa de los Pueblos-Verdes, Ana Miranda (Cuntis, 1971) será eurodiputada do BNG dende o próximo mes de xaneiro.

-¿É realmente posible outra Europa social e dos pobos neste modelo da UE?

-É no Parlamento onde se pode facer ese traballo de incidir e de cambiar as cousas. Un exemplo: hai uns meses gañamos unha votación sobre as transaccións financeiras. Tamén paralizamos a directiva de servizos. Se se buscan maiorías de esquerda pódense lograr cousas.

-¿Que vai facer por Galicia?

-Galicia xógase o seu futuro co que se vai tratar en Bruxelas nos próximos meses. Estamos a falar da PAC, do sector naval, dos fondos europeos, da política pesqueira. Aspectos que atinxen a sectores produtivos clave.

-¿Cal vai ser a súa primeira iniciativa parlamentar?

-Imos tentar solucionar o tema do naval. Que remate o veto a Astano e se resolva o tax lease. O primeiro vai ser pedir unha entrevista con Almunia. Ten que recibir unha delegación do sector naval. Algo, por certo, que ata agora non se fixo. O que non pode ser é que a UE impulse o transporte marítimo e teñamos activos en desuso. Aí se verá a capacidade de presión de Rajoy,

-¿Que van defender na nova Política Agraria Común?

-Estamos a preparar a nosa proposta. Imos defender as axudas e o control da produción leiteira alén do 2015. Serei membro da comisión de agricultura e terei liña directa con José Manuel Silva, que agardo que reciba ao noso sector. Os daneses estanse xa a mobilizar creando un lobby para defender aos seus pequenos productores. Alí hai moitos mozos labregos.

-A Xunta está a negociar que Galicia siga percibindo fondos pese a deixar de ser obxectivo un...

-O Goberno galego vende fume. Vai alí, organiza conferencias e fala cos seus. E vai ao comité das rexións, que é un órgano consultivo que só asesora. Non negocian fondos estruturais en alianza con outras rexións. O ponente no Parlamento europeo sobre este asunto era MarKus Piper, conservador alemán, do mesmo partido de Feijoo, e votou en contra de que existisen as rexións de transición. Quere dicir que non fan moito lobby.

-Está pendente a nova política pesqueira. ¿Que van propor?

-O primeiro é que Galicia sexa considerada zona altamente dependente da pesca. Ninguén o pediu. Se fósemos teríamos outras contrapartidas. Tamén é clave que a pesca artesanal e o marisqueo teñan un tratamento específico, fóra das cuotas, e que os informes para recurtar capturas sexan científicos e non respondan a decisións políticas.

ana miranda eurodiputada del bloque nacionalista galego (bng)