«Co déficit sería máis xusto facer diferenzas entre as comunidades»

La Voz

GALICIA

22 jul 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

O presidente da Xunta suxire que os seus orzamentos para o vindeiro ano quedarán por baixo dos 9.000 millóns de euros.

-¿Están a elaborar os orzamentos da Xunta do 2013?

-Estamos a punto de recibir as transferencias do Goberno central ás comunidades.

-Pero xa coñecen outras variables clave. ¿Serán inferiores ou superiores aos deste ano?

-Sobre temas de gasto público en España vamos a tardar anos en poder ter incrementos.

-¿Caerán da barreira dos 9.000 millóns, xa que logo?

-Insisto, España ten que pagar unha cantidade de débeda que dá vertixe, sen deixar de activar políticas de crecemento. E nós, que levamos tres anos respectando o obxectivo de déficit, queremos seguir cumprindo o do 2013, que será do 0,7 %.

-Demasiado baixo...

-Moi ambicioso, sen dúbida.

-Teríalle gustado un maior.

-Sería máis xusto facer diferenzas entre comunidades que cumpren e que non.

-Tamén atoparon, semella, algo de fricción con Madrid pola reforma local que prepara...

-Dende a lealdade institucional, temos que presentar as alegacións que vemos oportunas.

-Esa reforma non vai moito pola liña das fusións municipais pola que vostede tanto apostou.

-A fusión dos concellos é un problema exclusivamente de tempo, creo. Ao mellor hai que esperar un momento económico de menor convulsión, de menor urxencia nacional, pero a vía da fusión dos concellos está aberta e non ten volta atrás.

-O texto, co dos límites salariais, tamén pode xerar rebelións de alcaldes de concellos pequenos.

-Hai que darlle unha volta a esa cuestión e creo que se dará.

-Na práctica, o Goberno central ten paralizado o eólico galego...

-Hai unha decisión de parar a ver como se paga o burato do déficit tarifario, a prima anterior. Pero o concurso eólico sigue adiante e hai empresas interesadas. A maioría dos nosos parques son rendibles sen prima.

-¿Haberá outro concurso?

-Cos megavatios excedentarios, si, por suposto.