A Peña Sergio Álvarez O Gato xa ten data para o seu oitavo aniversario

La Voz VIGO

GRADA DE RÍO

BRAIS ALONSO

A cita, que contará coa presenza do gardameta celeste como cada ano, será o 10 de decembro

12 nov 2019 . Actualizado a las 09:58 h.

Como cada ano no mes de decembro, a Peña Celtista Sergio Álvarez O Gato de Catoira celebra o seu aniversario. Este ano son oito os que cumpre o colectivo celtista, que se reunirá para festexalo o martes 10 de decembro ás 19.30 horas na súa sede, o Bar Conde en Dimo, Catoira.

Unha vez máis, non faltará á cita o propio Sergio Álvarez, que sempre adoita ir acompañado de varios compañeiros do primeiro equipo do Celta, algo que os peñistas contan con que volta suceder desta volta. «Non perdades a oportunidade de estar con Sergio e algún dos seus compañeiros que de seguro o acompañarán», comentan na súa convocatoria.

Desde a peña propoñen as seus integrantes o futuros membros que aproveiten esta dara para xestionar as súas renovacións como peñistas ou ben darse de alta. Avanzan que este ano haberá un agasallo para todos os que o fagan.