¿Onde está Santiago de Arriba?

Rodrigo Fernández
Roi Fernández CHANTADA/LA VOZ.

CHANTADA

Cambios de difícil explicación botaron a perder algúns topónimos tradicionais en Chantada e O Saviñao

16 nov 2010 . Actualizado a las 11:10 h.

Na toponimia chantadina abundan os casos de nomes de lugar que mutan co paso do tempo. Uns cun simple cambio na ortografía, como ocorre na falda do Faro coa parroquia que hoxe se chama oficialmente Bermún e que antigamente era Vermún, según se le no catastro do Marqués de la Ensenada no ano 1753 ou no 1923 nunha novela autobiografica de Costa Figueiras, na que xa no primeiro renglón se pode ver este topónimo con v. Outros cambios atinguen ao significado, como lle pasa a Santiago da Riba sustituído polo actual, oficial e ilóxico Santiago de Arriba.

Non ten lóxica porque non hai nesa parte da ribeira chantadina nin en todo o municipio outra parroquia complementaria que se chame Santiago de Abaixo. Por se esta razón fose pouca, no catastro do século XVIII figura como Santiago da Riba, que non é un adverbio de lugar, senón un sinónimo de ribeira. O máis problema é que o cambio de Riba por Arriba fose unha castelanización sen xeito confundindo na fala da Riba por de Arriba.

Outros topónimos cambian abreviándose e perdendo a riqueza dun complemento que os acompañaba. É o que pasa con estes nomes de lugar da parroquia de San Salvador de Asma: Soilán do Monte por Soilán, Vilanova do Monte por Vilanova, Quintela de Campelos por Quintela e Quintela de Ventiños por Quinteliña. Tamén sucedeou algo semellante na parroquia de Vilaúxe, con Vilaboa de Rolos, que transmutou en Vilaboa; e na de Pradeda, na que O Barrio de Puga acabouse simplificando en O Barrio.

Pero o peor destas rarezas da toponimia é cando desaparece o propio nome. Así ocorre no caso de Ronfiz, no municipio do Saviñao. Xa pouca xente fala da igrexa de Ronfiz, aínda que se ve sempre que se cruza o Miño polo viaducuto cara Monforte. Mellor dito, si que se fala dela pero chámaselle Santo Estevo de Ribas de Miño, que é o nome da freguesía. Efectivamente, o lugar no que está a igrexa é Ronfiz.