Xurado popular
- 1.º Carballeira ? Venezuela en Galicia, que propón unha versión local das arepas tradicionais da cociña venezolana e colombiana.
- 2º. O Casino ? Bocados de outono
- 3º. A Viñoteca ? Brocheta norteña asentada nunha fina base de rulo de cabra.
Os doce establecementos de hostalería que participaron no Chantapas 2021 foron A Viñoteca, Café Mánix, La Cervecería, Bar Carballeira, Cafetería Santa Ana, Café Cantón, Casino, Bar Parada, adaRosa Tapería, Bar Centro, Cafetería Universal e Garden Bar. Estes locais tiveron ao dispor dos seus clientes as tapas que poñían a concurso durante os días 19, 20, 21, 26, 27 e 28 de novembro. Igual que todas as edicións anteriores, este concurso de tapas foi organizado pola Asociación de Empresarios de Chantada.