
O programa comezará o 2 de xullo e continuará ata o 30 de agosto
27 jun 2025 . Actualizado a las 15:51 h.O Concello de Chantada iniciará o 2 de xullo as actividades do Verán Cultural, un programa que comprenderá máis duna vintena de actividades entre o mes próximo e o de agosto. O alcalde, Manuel Varela, salienta a «a variedade e calidade» destas propostas, sinalando que están dirixidas principalmente o público familiar. «Durante os meses de verán recibimos en Chantada a numerosos visitantes que chegan atraídos polas paisaxes e os recursos de lecer —sinala— e con esta programación cultural ofrecemos tamén complementos de interese ao seu tempo en Chantada, contando con música, humor, maxia, teatro...».
Desde o Concello sinalan que esta programación «está aberta a ampliacións con propostas que poidan xurdir durante as próximas semanas» e recordan que entre o 21 e o 26 de agosto celebraranse ademais as festas patronais da capital municipal. A continuación detállanse as actividades previstas no programa, que se ofrecerán na praza do Cantón salvo aquelas nas que se indica outra situación:
2 de xullo. Ás 20.00 horas ofrecerase o espectáculo de maxia «Maxicamente».
5 de xullo. A compañía Ghazafelhos representará ás 20.00 horas obra teatral A illa sen tesouro.
9 de xullo. O espectáculo de humor «Comediante» comezará ás oito da tarde.
12 de xullo. Para esta xornada está programado o espectáculo de variedades «Ghop», ás 20.00 horas.
16 de xullo. A compañía Trémola Teatro porá en escena ás 20.00 horas a obra La gallina Josefina, dirixida ao público infantil.
18 de xullo. Ás 20.30 horas haberá un concerto de Iberia Marina.
19 de xullo. A rúa Xoán XXIII será escenario ás 23.30 horas dunha actuación do músico e compositor Roi Casal.
23 de xullo. A seguinte cita consistirá no espectáculo infantil «Humor á cara», que comezará ás 20.00 horas.
30 de xullo. Tamén ás oito da tarde ofrecerase o espectáculo musical «Amoradous».
1 de agosto. Para esta xornada están previstas na praza de Galicia varias funcións do mago Antón.
2 de agosto. Ás 20.00 horas comezará o espectáculo infantil e familiar «A banda dos insectos».
6 de agosto. Co mesmo horario ofrecerase o espectáculo humorístico «Sinfonía caótica».
8 de agosto. Ás 21.00 horas comezará o espectáculo de humor «Conciencia malabar».
9 de agosto. O espectáculo musical «Noites á luz da lúa» ofrecerase ás 20.00 horas.
12-14 de agosto. Durante estas xornadas haberá varias proxeccións cinematográficas dentro do ciclo Cine no Cantón, a partir das 22.30 horas.
16 de agosto. A compañía AsSircópatas representará ás 20.00 horas o espectáculo «Rogelio 3 - La fête».
18-20 de agosto. Entre o luns o mércores ofreceranse ás 22.00 horas as funcións da Semana do Teatro.
21-26 de agosto. Durante estes días celebraranse as festas patronais, que comezarán co tradicional Folión de Carros.
30 de agosto. A programación do Verán Cultural pecharase co espectáculo de maxia «Flash & Brother».