Caixa Galicia programa un ciclo de oito filmes sobre a vida nas estradas

LUGO

Comeza o mércores 3 cunha charla e o pase da obra mestra «As uvas da ira», de John Ford Serán todos os mércores ás oito do tarde e a entrada é gratuita

29 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

é o título xenérico dun ciclo que a Fundación Caixa Galicia inicia o vindeiro mércores co pase dunha das obras cume de John Ford, As uvas da ira . Ata o 28 de xuño, todos os mércores (salvo o 17 de maio, Día das Letras Galegas) poderanse ver oitos películas de diferentes épocas e estilos e filmadas por destacados directores da sétima arte. Todos os pases serán no salón de actos da entidade financeira, de entrada gratuíta e comezarán ás oito do serán. O único cambio horario será precisamente o primeiro día, xa que o crítico de cinema Martin Pawley ofrecerá desde as sete e media da tarde unha conferencia inaugural titulada A pobreza e o éxodo. Os camiños da vida . Pawley traballa actualmente no programa Extrarradio da Radio Galega. Vén de coescribir e codirixir o documental Ilusións visuais , da produtora Vídeo Voz, e aínda pendente de estrea. Continuidade Caixa Galicia inicia desta maneira un novo ciclo logo de que ao longo da primavera desenvolvese programas sobre o nazismo e sobre os directores Giuseppe Tornatore e Adolfo Aristaráin. Nesta nova entrega sobre películas de estradas, destaca a variedade de xéneros, con medias clásicas como Ocorreu unha noite (gañadora en 1934 dos principais Oscars) e Dous na estrada , interpretada por Audrey Hepburn e Albert Finney. Tamén se poderán ver filmes contemporáneos, entre os que destaca unha das mellores películas dos últimos dez anos: Unha historia verdadeira , do xenial David Lynch. Tamén se poderán ver no ciclo dúas películas que marcaron un fito nos anos setenta, na época da contracultura e do pacifismo e con importantes influencias do estilo da televisión: O demo sobre rodas , de Steven Spielberg, e Easy rider: buscando meu destino , de Dennis Hooper e con Peter Fonda.