Equigal, o salón do cabalo de Galicia, reunirá na fin de semana a cerca de 300 exemplares de diferentes razas, -uns en competición ou exhibición e outros a venda- e todo o que se move arredor deste mundo, dende as garnicionerías, ata as casas de pensos ou as de veterinaria.
-¿Cal é o obxectivo de Equigal?
-Pretendemos crear unha plataforma de negocio para as ganderías galegas, o que supón unha alternativa o abandono das explotacións, a través da cría de cabalos de razas puras: española, galega, árabe, sangue inglés, ademais da aplicación deportivas destes animais e a súa funcionalidade para enganche, competicións, como o raid, o salto de obstáculos ou o turismo de rutas ecuestres. -¿O cabalo ten tanta presenza en Galicia? - Galicia é un dos potenciais a nivel estado, despois de Andalucía e Cataluña. Hai que diferenciar os animais de monte, que poden superar os 18.000 e que se dedican a carne e dos que se producen con outras aptitudes, nas que temos grandes gandeiros que participarán no trofeo da copa ANCCE, puntuable para o campionato de España de morfoloxía. A diferenza do ano pasado no que Equigal foi monográfico de cabalo español, neste haberá un jumping territorial de salto de obstáculos en pista cuberta no que se dan cita sobre 60 cabalos. Foi necesario que habilitaramos o pavillón dous con toneladas de terra para facer a pista e instalar un gradaría para mil persoas. Comeza o sábado as once da mañá. -Teñen un programa moi apretado. -Ademais dos saltos haberá un concurso morfolóxico de pura raza española, dende o venres ás 11 da maña; un concurso de andadura galega serrada e chapeada no exterior das naves. Imos montar unha escola infantil de monta en poni gratuíta, para nenos de tres a doce anos, talleres de globoflexia, maquillaxe e xogos cooperativos. -¿Será gratis montar en poni? -O ano pasado cobramos, pero este ano non o faremos. O único que lles pediremos os cativos será un debuxo sobre a súa visión dos cabalos. As apartacións serán expostas en Expolugo, onde tamén faremos entrega dos premios.