Alfonso Sucasas, na galería Nova Rúa

José María Lugilde

LUGO

20 nov 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A contemporaneidade deste artista galego que vive e traballa na súa terra, é a súa obra viva. Esta é un produto do seu talento, que transcende por si mesma, provista dunha factura e fondura, ás veces inquietante. Unha das súas obras recibe o nome de Contas da feira , e a outra Os xenerais do marco . Esta última é unha obra grandiosa coa forza dun baixorrelevo do mundo clásico. Tamén temos que nomear a súa obra costumista, que nos leva á maxia da luz trasladada aos mares do sur coa maxia do pintor impresionista Gauguin

Está claro que o carácter da súa obra imprime unha prolongación do sei xeito de interpretar persoeiros con materia plástica e mente espiritual, provisto dun maxicismo que se subtrae dunha forma pasional. A sensibilidade subxace dunha nostalxia paradisíaca, que se ve reflectida na obra Expulsión de Arousa .

A década dos noventa reflicte unha pintura cunha forza case estrutural cunha factura sempre presente na súa obra. A cor e a liña defínense como se se quixeran acariciar. A obra Foliad a está moi ben resolta, cunha carga de erotismo e coa graza da figura feminina. Unha ledicia para os sentidos.

A composición en azul da obra titulada Lupita corre , como se algo maldito a persegue e consegue burlar, ao final atopa o refuxio amoroso como un anceio que cega e obnubila.

Sucacas obnubila ao espectador máis avezado coas luces, resplandores, cores e liñas, xa que é a expresión máis xenuína e polimandrika da nosa pintura galega e universal.