Seis novas obras de Tino Grandío ingresan no Museo Provincial de Lugo

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Trátase de catro óleos de gran formato e de dous debuxos

11 mar 2013 . Actualizado a las 15:56 h.

Seis novas obras do pintor lucense Tino Grandío ingresaron no Museo Provincial de Lugo. O delegado de Cultura e Turismo da Deputación, o nacionalista Mario Outeiro, participou esta mañá no acto de recepción xunto con dúas sobriñas do artista, Blanca Grandío Rodríguez e Ana María Isabel Codesal Grandío. Trátase de catro óleos de gran formato e dous debuxos, que pasarán a formar parte da colección sobre o pintor lucense Tino Grandío (1924-1977) no Museo. «Estas obras permanecerán aquí no refectorio do Museo até a Semana Santa, polo que animamos a todas as persoas a achegarse para velas. Para nós teñen especial relevancia os fondos de arte galega en función da circunstancia de fomento, estudo e divulgación do noso patrimonio artístico dende a perspectiva do coñecemento da nosa identidade dentro do contexto global do patrimonio cultural», sinalou Outeiro.