![](https://img.lavdg.com/sc/MsOBB15_0FV-j8DEzTxcUNN1ICY=/480x/2018/10/10/00121539172561542977575/Foto/LO11C6F4_135450.jpg)
A Sociedad Filarmónica de Lugo organiza actuacións entre outubro e maio
10 oct 2018 . Actualizado a las 13:57 h.A Sociedad Filarmónica de Lugo presentou o programa de concertos para esta tempada. Serán no Círculo das Artes, ás 20.00 horas. A venda de entradas será nas oficinas do Círculo, de 17.00 a 20.00 horas. O prezo para os non socios oscilan entre os 10 e os 20 euros. Nenos, estudantes universitarios e de conservatorios teñen entrada gratuíta. As altas de socios na Sociedade Filarmónica de Lugo pódense facer no filarmonicadelugo@gmail.com.
O programa foi presentado no Pazo de San Marcos pola deputada de Cultura, Pilar García; a concelleira de Cultura, Carmen Basadre, e o secretario da Filarmónica, José Luis Díaz. A Deputación colabora coa Filarmónica a través dunha axuda económica de 9.000 euros, e o Concello, 3.000. Os concertos organizados son os seguintes:
· 17 outubro. Real Filharmonía de Galicia. Maximino Zumalave, director. Javier Franco, barítono. Obras de R. Strauss, J. Arriola e J. Guridi
· 7 novembro. Vladimir Petrov. Gañador do Concurso Internacional de piano Cidade de Vigo. Obras de Rachmaninov, Scriabin, Liszt, Schumann e Prokofiev
· 28 novembro. Orquestra de Cámara Solistas de Brno. Obras de Vivaldi, Albinoni, J.C. Bach e Beethoven (Triple concerto)
· 1 decembro. Banda Filharmónica de Lugo. Iván Martínez Sabio, director. Concerto 5º Aniversario
· 15 decembro. Cuarteto AmartArt & Ona Cardona. Ona Cardona, clarinete. Quintetos con clarinete de Mozart e Brahms
· 26 xaneiro. Orquestra Barroca Vigo 430. Coro Rías Baixas. Lina Tur Bonet, dirección. Eugenia Boix, soprano; Gabriel Díaz, contratenor. Vivaldi: Gloria / obras de Leo e Stradella
· 8 febreiro. Héctor Jorge Guedes, barítono. Antonio Luciani, piano. Viaxe a través da luz do mediterraneo (Obras de Ravel, Duparc, Rossini, Tosti e De Falla)
· 22 marzo. Trío Wanderer. Vincent Coq (piano), Rafaël Pidoux (violonchelo), Jean-Marc Philips-Varjabédian (violín). Tríos con piano de F. Schubert
· 6 abril. Orquestra Sinfónica Vigo 430. Tomás Grau, director. Mozart: Sinfonía Concertante, Sinfonías nº 1 e nº 41 «Xúpiter»
· 21 maio. Praga Camerata. Pavel Hula, director. Martin Sedlak, violonchelo. Obras: Holst, Schubert, Gershwin, Dvorak