Asociacións e concellos apoian a solicitude
03 jun 2020 . Actualizado a las 20:25 h.Unha Medalla Castelao para Óliver Laxe. A Deputación de Lugo anunciou este mércores a súa vontade de que o director da película O que arde sexa recompensado con esa distinción. O seu labor cinematográfico en particular e o seu traballo a prol da dinamización rural en xeral, nomeadamente a da comarca dos Ancares, fano merecente da distinción, segundo a Deputación. A proposta foi rexistrada hoxe, e leva o apoio de entidades e de concellos cos que contactou o organismo provincial.
Na solicitude lémbrase que Laxe manten unha forte relación con Navia de Suarna, non só porque esa zona foi usada para rodar a devandita película senón tamén porque está a rehabilitar unha casa da súa familia. Para o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, Laxe debe recibir unha das Medallas Castelao por cuestións como a súa implicación coa cultura galega ou por basear o seu traballo cinematográfico nun problema tan presente coma o despoboamento rural.