Preocupación polo peche do Punto de Encontro de Lugo a primeira quincena de agosto

La Voz LUGO

LUGO

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, no Punto de Encontro
A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, no Punto de Encontro cedido

A asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero cre que é unha medida «imprudente», que pode «xerar conflitos»

27 jul 2020 . Actualizado a las 19:39 h.

A asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero emitiu onte un comunicado no que expresa a súa preocupación polo peche do Punto de Encontro de Lugo durante dúas semanas no mes de agosto, do día 2 ao 16, ambos inclusive. Consideran esa medida «unha gran imprudencia, polos conflitos que pode chegar a xerar».

Desde a organización, aseguran non cuestionar «o dereito ao descanso do persoal», pero piden que non sexa «a costa da desprotección dos usuarios, aos que non se lles proporciona alternativa ningunha».

Si, hai saída recorda que o uso do Punto de Encontro ven dado por unha resolución xudicial en situacións nas que o xuíz considera que se pode dar unha situación de tensión ou de perigo a hora de intercambiar aos menores por mor dos réximes de visitas, como é o caso dalgúns nos que a nai é vítima de violencia de xénero, sendo mesmo preciso nalgún caso acompañamento policial para realizar o intercambio. Sinalan que o peche «reflicte claramente» nestes procesos.