Que se pode facer este venres 15 en Lugo?

PAULA ÁLVAREZ / U. C. LUGO / LA VOZ

LUGO

El bar O Meigallo de Sarria celebra un festival
El bar O Meigallo de Sarria celebra un festival LÓPEZ PAZ

Ademais dos concertos do programa Muralleando e os tradicionais Noiteos de xullo, a cidade ofrece hoxe firmas de libros, festas e actividades musicais

15 jul 2022 . Actualizado a las 10:43 h.

Muralleando

20:30. Praza da Mosqueira. Continúa o ciclo de concertos; esta vez, o de Branca Villares e Pablo Pintor, artistas da música tradicional.

Visitas guiadas

Casco histórico, 12.30. Continúan as visitas para coñecer o centro da cidade. Son gratuitas, pero requiren inscrición previa na Oficina de Turismo Municipal o en el teléfono 982 251 658.

Noiteos

De 21.00 a 23.00. Rúa Isaac Díaz Pardo. O programa Localmente Lucense ofrece un novo plan de noite para este venres. Desta vez, o Noiteo conta coa actuación musical de Sonambulum e de Blanca Vilarese Pablo Pintor.

Verbena

En Sarria (bar o Meigallo). As 21.00. Volve «A Verbena Fest» á vila de Sarria, con música de calidade ao aire libre. Haberá música de diferentes bandas e estará o DJ local «Lois».

Peregrinación literaria

 As 12.00. O Cebreiro. A Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) organiza as xornadas «Camiños e Cantares nos eidos da bremanza: unha peregrinación literaria, cantada e falada».Estas comezan hoxe, as 12.00, na Igrexa de O Cebreiro.

Espectáculos

As 19:00. Guitiriz (Praza do Campo da Feira). O espectáculo «Ladrón de Paraugas» está pensado para público familiar e versa sobre o exitoso libro de Xosé Lueiro. Se as temperaturas son elevadas, este trasládase á Casa Habanera.

Concerto

20.30. Centro Social A Hedreira (Barrio Catasol). O centro organiza o concerto de «Pope e Gul, xoglares contemporáneos». Consiste nun espectáculo de música brasileira e latinoamericana nas rúas.

Presentación de libros

As 19.00. Auditorio do Vello Cárcere. A poeta Luz Airado presenta a súa obra Instintos.

O Vello Cárcere

O centro ofrece visitas guiadas sobre a historia do edificio e a memoria histórica a través da exposición permanente 'O vello cárcere: da guerra á posguerra'. Están orientadas a público xeral e tamén familiar, pero con diferentes horarios. No caso do primeiro, estas son xoves e venres as 18:15, sábados as 11:15 e as 18:5 e domingos as 18:15. No caso do público familiar, este pode acudir os domingos as 11:15. Ademais desta, tamén hai outras exposicións permanentes.