O Entroido en Lugo: guía para non perder ningunha festa nos concellos lucenses

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Desfile de Entroido o ano pasado en Lugo
Desfile de Entroido o ano pasado en Lugo Manuel Guede

As grandes celebracións concéntranse entre os días 10 e 13, con desfiles, concursos e degustacións gastronómicas

12 feb 2024 . Actualizado a las 09:53 h.

Todo listo para celebrar os días grandes do Entroido na provincia de Lugo, cos principais actos concentrados entre os días 10 e 13. Desfiles de disfraces, concursos, actuacións musicais ou degustacións gastronómicas son algunhas das actividades que terán lugar nestas datas polos diferentes concellos. Velaquí vai unha guía para non perderse ningunha festa.

Abadín

Domingo 11. Gran desfile de disfraces desde as 17.30 en el polideportivo. Haberá premios para comparsas, parellas e individual, ademais de chocolate con churros para todos.

 Antas de Ulla

Domingo 11 e martes 13. O domingo terá lugar o Entroido dos Nenos na Praza Nova, ás 16.00, con festa infantil con inchables, desfile e merenda con chocolate e doces. O martes, tamén na Praza Nova, haberá festa ás 21.00, co DJ Tibu, desfile de disfraces ás 22.00, con premios para individuais ou parellas e comparsas, e ás 23.00 será a actuación do grupo Dr. Slump

Baleira

Martes 13. Xornada de degustación do cocido da montaña no pavillón municipal, con comida, desfile de disfraces e sorteos.

Baralla

Domingo 11. Festa no pavillón municipal. Haberá concurso de disfraces ás 17.30 desde a área recreativa, con pasarrúas, ata o pavillón. Repartiranse premios para comparsas, individual ou parellas, ademais dun premio especial para comparsa, e sortearase unha cesta de Entroido e unha televisión. Ás 21.00 terá lugar unha cea de Entroido con Javi Show e Delfo e Airiños do Neira.

Becerreá

Sábado 10 e domingo 11. O sábado haberá concurso de disfraces na Praza do Concello, con saída ás 17.30 do centro social e pasarrúas pola vila. Haberá dúo musical e cea de Entroido. E o domingo, desfile infantil a partir das 17.30 no pavillón. Hai premios para comparsas, individual e parellas.

Begonte

Sábado 17. Concurso de disfraces ás 16.30 no pavillón municipal de Baamonde, con premios para comparsas, parellas ou tríos e individual, tanto en infantil como en adultos; festa infantil de 18.00 a 20.00 con inchables e obradoiros e baile de Entroido amenizado pola Discoteca Móbil.

Castro de Rei

· Domingo 11. Festa infantil na Casa da Cultura de Castro de Ribeiras de Lea, de 16.00 a 19.00, con concurso de disfraces, música, animación, merenda, pintacaras, bolsa de larpeiradas...

· Luns 12.  Festa infantil no Centro Sociocultural Xosé Manuel Carballo, de 16.00 a 19.00, con concurso de disfraces, música, animación, merenda, pintacaras, bolsa de larpeiradas...

· Martes 13. Entroido de Val de Francos, coas parroquias de Ansemar, Balmonte e Goberno, a partir das 17.00. Actuará a orquestra Saudade e Os Valuros, e haberá sermón, queima do Antroido, e sorteo de agasallos.

Castroverde

Domingo 11. Pasarrúas ás 17.00 entre a Praza do Concello e o pavillón, concurso de disfraces con 3.600 euros de premios, animación con Zuncurrundullo e inchables.

O Corgo

Luns 12. Festa de Entroido de 16.30 a 20.00 horas, no pavillón municipal. Haberá xogos, música, baile, colchonetas, lambetadas, chocolate con churros... e desfile de disfraces ás 18.00, con vales de premios por categorías.

Cospeito

Venres 9. Festa no pavillón de deportes, a partir das 17.00, con desfiles infantís e de adultos, animación músical, chocolate con churros, sorteo dunha cesta de Entroido e, a partir das 22.00, actuación en directo do Dúo D'Caché Music.

A Fonsagrada

Sábado 10. Concurso de disfraces a partir das 18.00 na Praza do Concello, con premios para comparsas, individual e parellas, en infantil e adultos. Haberá xogos para nenos, desfile, premios, música e pinchos durante toda a tarde. E a partir das 23.30, actuaciones musicales, sorteo entre las personas disfrazadas y chupito sorpresa gratis.

Friol

· Sábado 10. Entroido Carballo Vivo, cun cocido no centro social de Carballo.

· Martes 13. A ANPA CPI Doutor López Suárez organiza unha festa de Entroido no pavillón, de 17.00 a 20.00, con desfile, concurso, globoflexia, pintacaras, merenda... Para os socios é de balde, e para o resto custa 3 euros.

Guitiriz

· Domingo 11. Entroido en Os Vilares, cun percorrido polas aldeas da parroquia con saída ás 16.30 da Escola da Conchada. E a partir das 20.00, chocolatada e degustación de produtos típicos, de maneira gratuíta. Tamén haberá un sorteo.

· Martes 13. Desfile de Entroido con saída ás 17.00 da Casa Habanera. Despois, festa no pavillón polideportivo, con música toda a tarde. Tamén lanzaron o reto «Encher o pobo de mecos». O premio será o indulto, mentres que o resto serán retirados para queimalos.

Láncara

· Domingo 11. Festa na antiga escola, a partir das 20.30, con música en directo (Manuel e o seu acordeón), liscos, chourizos, filloas e sorteo de premios entre as persoas que vaian disfrazadas.

· Martes 13. Concurso de disfraces a partir das 16.30 na Praza dos Labradores (en caso de mal tempo, no CPI Ramón Piñeiro). Haberá inchables e 1.750 euros en premios.

Lugo

· Desde o día 2. O Concello fixo público o programa de Entroido. Entre o 2 e o 12 terá lugar o Mercado de Produtos Tradicionais de Entroido, na Praza de Abastos. O venres 9 haberá o pregón, ás 20.00, e animación musical a cargo de Condensadores de Fluzo e, a partir das 21.30, a charanga Louband polo casco histórico. O sábado 10 contarase ás 12.30 con Peterpunk e o neno imperdible, da compañía As Monchas, na Praza Maior; e ás 17.00, concurso de disfraces infantil. A animación correrá a cargo de Tambukada e Patty Difusa, e a partir das 21.30, Bloco Meigallo. O domingo 11 actuará na Praza Maior A Vela Circo ás 12.30; e o luns 12 será a Gala de Circo Introitus, ademais de actuacións musicais ata a noite. O martes 13 celebrarase a Festa da Filloa na rúa Quiroga Ballesteros, actuará o paiaso Rogelio, e pola tarde, concurso de disfraces de adultos. O mércores será o Enterro da Sardiña.

 · Discoteca Exágono. Festa infantil o sábado 10 a partir das 16.00, con concurso de coreografía, sorteo de regalos... A entrada custa 5 euros, e inclúe unha consumición.

· Círculo das Artes. O sábado 10 haberá baile de disfraces a partir da medianoite, coa Orquestra La Favorita. O luns 12 será o baile de Entroido a partir das 23.30 coa Banda Sons e Soños (en formato orquestra). O martes 13 terá lugar o Festival Infantil de 17.00 a 20.00, co show Superheroe, de Fran Rei; o desfile infantil e o entroido musical e sesión disco. E o sábado 17 chegará a tradicional Cea-Baile de Piñata, a partir das 22.00, con Los Parrots e o cocido de Entroido servido polo restaurante Porta. En total, repartiranse 4.000 euros de premios.

Meira

Luns 12. Haberá festa da ANPA do CEIP Avelino Díaz, ás 16.30 no pavillón deportivo, con concurso, premios e merenda. E ás 19.30 empezan os actos organizados polo Concello, coa actuación da Charanga Musical 555 pola vila. A partir das 22.00, concurso de disfraces e baile, amenizado polo Dúo Belinda, no pavillón de Meira. Haberá premios para comparsas, parellas e individual, además dun galardón especial ao mellor disfraz meirego. Ademais, a ACEA sorteará un gran lote de produtos de entroido.

Monterroso

· Domingo 11. Festa infantil ás 17.00 no Espazo Cultural Lorenzo Varela, con inchables, ludoteca e merenda.

· Martes 13. Entroido na rúa, con desfile ás 17.30 desde a Praza Antonio Rojo Losada ata a Cúpula. con premios individuais e para comparsas.

Muimenta

Martes 13. Festa na Praza Maior. Haberá xantar baixo carpa con Chao da Brea e música en directo, ás 14.00, e pola tarde, concurso infantil de disfraces. Haberá xogos, piñatas e sorteo de lotes.

Muras

· Martes 13. Festa no local social, de 17.00 a 23.00. Haberá merenda infantil e pinchos, xogos, pintacaras, globoflexia, agasallos e sorteo dunha cesta.

Outeiro de Rei

Domingo 11. XXV Concurso de disfraces, a partir das 17.00 na Praza da Vila, baixo carpa cuberta e amenizado polo grupo D'Nika. O prazo para anotarse estará aberto desde o 29 de xaneiro ata o 9 de febreiro. Repartiranse 2.180 euros de premios nas categorías de comparsa, parella, individual e infantil. Tamén haberá un premio especial para comparsas de Outeiro de Rei e outros tres premios especiais a maiores.

Palas de Rei

· Luns 12. Entroido infantil. Ás 16.30 haberá inchables na Praza do Concello, e ás 18.00, merenda. 

· Martes 13. Concurso de Entroido. Ás 18.00 será o desfile, e ás 21.00, a entrega de premios.

Paradela

Sábado 17. A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela organiza un baile de Entroido ás 21.00 no mercado gandeiro. Actuará o Dúo Dilema.

A Pastoriza

Domingo 11. Sesión vermú ás 13.30, amenizada por Verónica Cambón, con premios para os mellores disfraces. Pola tarde, de novo música e chocolate con biscoito.

Pol

Martes 13. Leña Verde organiza unha festa no local social con desfile infantil e xuvenil ás 17.00, regalos para todos os participantes, actuación do Mago David Méndez, ruta con Cantos de Taberna (Rioxoán, Andión e Mosteiro) cos grupos Os D'Aquí, Son Outeiro e Leña Verde.

Portomarín

· Domingo 11. Festa infantil na Praza do Camiño, con inchables de balde de 17.00 a 19.00. 

· Martes 13. Na Praza do Camiño, actuación do DJ Nico Vázquez ás 16.30; ás 17.00, desfile e concurso de disfraces; e ás 19.00, entrega de premios.

Rábade

· Luns 12. Festa infantil de 17.00 a 20.30 no centro sociocultural, con música, xogos e merenda.

· Martes 13. Concurso de disfraces ás 17.00, amenizado polo Dúo Eclipse, con premios para comparsas, parellas e individual. Ao rematar, haberá degustación de postres típicos do Entroido.

 Riotorto

· Luns 12. Festa de Entroido a partir das 23.00 no pavillón do colexio, con premios para os mellores disfraces e animación musical co Dúo Eclipse.

· Martes 13. Festa de entroido infantil, a partir das 17.00 no pavillón municipal. Haberá inchables e chocolate con churros.

Samos

· Martes 13. Actividades pola mañá no baixo cuberto do campo da festa. Ás 11.00 estará a Furgoteca, coa presentación do libro O misterio do tulipán, de Yolanda Álvarez, con conctacontos musical; ás 11.30, obradoiro de pintacaras; ás 12.00, sorteo dunha taza da Furgoteca entre os nenos disfrazados; e ás 12.30, música a cargo da charanga Son do Faro Brass. Haberá servizo de bar.

Sarria

· Domingo 25. A festa prevista para o domingo 11, quedou aprazada para o domingo 25, debido ás condicións meteorolóxicas. Haberá concurso e desfile, que sairá ás 17.00 horas da Feculeira. Desfilarán 1.400 persoas repartidas en 19 agrupacións, que percorrerán a Rúa da Liberdade, Diego Pazos e Matías López, ata rematar na Praza da Vila. Ademais, na Rúa da Liberdade, entre o cruce da Avenida de Portomarín co cruce da rúa Pedro Saco, o son será moderado en atención ás persoas con hipersensibilidade acústica. A partir das 19.00 horas, na Praza da Vila, haberá actuación musical de DJ Tibu e entrega de galardóns. Repartiránse 6.050 euros de premios, nas categorías de carrozas, comparsas, fóra da comarca, individual adulto, individual infantil, mellor música en vivo, accésits, mellor infantil, comparsa máis animada de máis de 50 compoñentes, comparsa máis animada de 4 a 50 compoñentes, participante máis animado e mellor crítica de actualidade.

· Luns 12. Festa infantil de Entroido ás 17.00 horas en La Unión.

· Luns 12. Entroido no colexio de Louseiro, con baile infantil ás 18.00 e festa a partir das 23.00, coa actuación de José Manuel, excantante da orquestra Abanico.

 

 

Vilalba

· Sábado 10, en Noche. Festa infantil ás 17.00 na Casa Escola de Noche, con chocolate con churros, animación, xogos circenses, photocall e baile coas Diverpaiasas.

· Luns 12. Cea-baile R.C. Villalbés, ás 22.00 no Restaurante Montero. Previamente, de 17.00 a 20.30, baile infantil no salón do restaurante, con DJ. Haberá sorteos.

· Martes 13, polas rúas da vila. Desfile e concurso de disfraces a partir das 16.30 horas, no que se repartirán máis de 4.500 euros de premios en distintas categorías. Ademais, para as comparsas haberá un bote de 1.000 euros para repartir entre todas as que non resulten gañadoras, para axudar aos custes da elaboración. É necesario inscribirse antes do día 12 en paula.vigo@vilalba.es.

· Mércores 14. Enterro da Sardiña, ás 20.00 na Praza da Constitución. Con merenda para os asistentes e dramatización do enterro.

Xermade

· Luns 12. Festa a partir das 21.00, con concurso, no que está aberta a inscrición ata o día 7.

· Roupar, sábado 10. Cea-baile de Entroido a partir das 21.00 horas na Escola Habaneira. Haberá cocido, freixós, orellas e roscas. Hai que anotarse antes do día 7 nos bares de Roupar, na farmacia ou no 660 228 252.

· Cabreiros, sábado 17. A Asociación de Veciños organiza una festa de Entroido na Casa Escola do Chao, a partir das 14.30 horas, cun cocido.