Tapas, agasallos e produtos ecolóxicos que recorren a provincia: así funciona a nova gastroneta de Craega
LUGO
A iniciativa Ecolóxicos a Mares entra nunha nova fase que consiste en mostrar os produtos ecolóxicos do mar a través dun camión restaurante
19 sep 2024 . Actualizado a las 11:38 h.O convenio de colaboración que xurdiu o ano pasado entre o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia deixou como froito a iniciativa Ecolóxicos a Mares. Dentro da mesma, o pasado venres 13 comezou unha nova fase desta campaña que consiste en ir amosando as bondades e as delicias dos produtos ecolóxicos galegos que proveñen do mar a través dunha food truck (camión restaurante).
A gastroneta (tamén se coñece así este tráiler de comida), estase a achegar durante estes días a varias localidades de Galicia, oito en total, onde se reparten tapas, agasallos e folletos.
Na provincia de Lugo:
- O sábado 21 estará na praza Horta do Seminario en Lugo, en horario de 18:00 a 22:00. Asistirá á cita a creadora de contido Sen Paraxe.
- O domingo 22 realizará a súa parada final na rúa San Francisco de Ribadeo, en horario de 12:00 a 16:00 horas. Estará presente a creadora de contido Leticia Varela.
O obxectivo final desta iniciativa, Ecolóxico a Mares, é promover e mellorar a comercialización dos produtos ecolóxicos do mar galego. De feito, este convenio xorde coa intención de seguir consolidando Galicia como un referente no sector acuícola nacional e internacional, según explican dende Craega.