A Mostra de Teatro Clásico de Lugo comeza este domingo

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Maite Ferreiro e Rubén Arroxo, na presentación da Mostra de Teatro Clásico de Lugo
Maite Ferreiro e Rubén Arroxo, na presentación da Mostra de Teatro Clásico de Lugo CEDIDA

Máis dunha ducia de pezas de calidade e éxito en festivais de todo o país representaranse no Gustavo Freire ata o 30 de marzo

19 feb 2025 . Actualizado a las 12:56 h.

Do 23 de febreiro ao 30 de marzo • Auditorio Municipal Gustavo Freire • Lugo • 

A XXV Mostra de Teatro Clásico de Lugo comeza este domingo e contará con máis dunha ducia de representacións ata o 30 de marzo. As entradas xa están á venda en entradaslugo.es: 8 euros para público adulto e 3 para o familiar. As persoas en paro, menores de 30, pensionistas e actores asociados á AAAG poderán gozar dun 30 % de desconto. Ademais, hai un bono que inclúe toda a programación para adultos por 50 euros.

· 23 de febreiro. Quen ocupa esa cadeira. 25 anos de Mostra de Teatro Clásico, de Palimoco Teatro. Praza Maior (se chove, no Vello Cárcere). 12.00h.

· 13 de marzo. La dama duende, de Mic Producciones. 20.30h. Máis de 16 anos.

Dirección: Borja Rodríguez.

Versión: Fernando Sansegundo.

Elenco: Silvia Acosta, Luis Rallo, Anabel Maurín, Mario Alberto Díez, Eugenio Villota, Fernando Sansegundo, Rafa Núñez e Helena Lanza.

Sinopse: Ao quedar viúva Ángela, perseguida polas débedas do seu home e polas perniciosas normas sociais, vese forzada a se recluir na casa do seus irmáns. Éstes alóxana enclaustrada nun departamento estanco da casa, ao que só se pode acceder mediante unha lacena segreda. Pero Ángela non se resigna á súa sorte, e cando en vez sae á rúa embozada buscando un soplo de aire fresco. A fortuna fai que unha tarde, durante unha das súas escapadas, bata cun gran amigo do seu irmán, que se aloxará na casa durante uns días. Ángela tratará de comunicarse con él mediante o pasadizo segredo, o que servirá para urdir unha divertida trama de misterio, intriga, paixón, e equívocos nunha das máis grandes comedias de Calderón.

Esta proposta sitúase no Madrid dos 50.

Duración: 110 min.

· 14 de marzo. Nada se sabe, de Culturactiva. 20.30. A partir dos 14 anos.

Dirección: Ignacio García e Fran Rei.

Adaptación: Manuel Lourenzo.

Elenco: Rubén Bargiela Sierpes, Corina Alfonso Mañá, Elvis García Torres e Alba Chao.

Sinopse: É unha coprodución do Centro Dramático Galego e Culturactiva Producións. Baséase na obra A Taberna de Clitia, de Manuel Lourenzo, que é unha adaptación das obras A cura en Troia de Seamus Heaney e Filoctetes, de Sófocles, na que se recollen os elementos fundamentais desta traxedia grega. Nada se Sabe fala, a priori, das persoas desprazadas pola sociedade, pero, sobre todo, dos homes e mulleres imprescindibles que, a pesar de estar na soidade máis absoluta contra a súa vontade, resisten.

A fábula constrúese a partir das dúbidas que enfrontan a Neptólemo e Filoctetes, o primeiro para ser fiel ós seus propios valores, renunciando a enganar ó solitario penitente, e o segundo para aceptar o seu propio destino e ir na axuda de aqueles que tanto agravio lle causaron nun pasado que aínda é presente. A peza clásica fala de Filoctetes, un dos imprescindibles, que ha de pasar pola dor física e o moral, pola dor psíquica terrible de verse abandonado polos seus mellores aliados e quedar só envolto na súa propia soidade, berrando a ninguén esa mesma soidade e ese mesma dor. Porén, Neoptólemo, aínda que inicialmente engana a Filoctetes, desenvolve unha amizade xenuína con el. A obra explora a moralidade das accións de Neoptólemo e como a compaixón e a empatía poden superar a astucia e a manipulación.

O texto propón unha lectura crítica de situacións e conflictos, relativizando os motivos que uns e outros esgrimen para encherse de razón, sen evitar algunhas referencias, tanxenciais e indirectas, á situacións actuais, condensando o esencial do texto clásico, cun diálogo máis fluído e unha acción moito máis dinámica.

Duración: 60 min.

· 15 de marzo. La vida es juego, de Ultramarinos de Lucas. 18.30. Público Familiar. Máis de 6 anos. Premio Nacional de Artes Escénicas para la Infancia y la Juventud. Premio Asociación Internacional de Teatro para la Infancia y la Juventud. Medalla al Mérito de la Cultura de Castilla-La Mancha.

Dirección: Juan Berzal.

Elenco: Marta Hurtado, Gemma Viguera, Juan Berzal, Juam Monedero e Jorge Padín.

Sinopse: Dúas vellas actrices e dous vellos actores, nados no “Siglo de Oro”, reviven, coma pantasmas de outro tempo, ao representar breves pezas cómicas, entremeses. Entre a lucidez e a loucura, o pasado áureo e o presente, estes cómicos viven nun xogo.

Duración: 60 min.

· 16 de marzo. Frío, de A Feroz. 19.00. A partir dos 14 anos.

Dirección e adaptación: Lorena Conde.

Elenco: Inés Salvado Gontad, Lola Castro, Bea Romero, Gustavo Freire, Sergio Piñeiro e Guillermo Alzugaray.

Sinopse: Quen sabe exactamente que é o que vai facer cada día durante o resto da súa vida non alberga grandes temores nin demasiadas esperanzas. Akaki podería xurar que o seu porvir está escrito con tinta esluída en liñas nidias e rectas, confía nos trazos seguros e firmes da rutina que o protexe dos grandes males e das alegrías inesperadas. Ata que un insignificante suceso doméstico introduce unha luz brillante no clarescuro: nace a necesidade e, como expresión máis elaborada da mesma, o desexo.

Frío é un espectáculo de teatro físico, máscaras e música en directo baseado libérrimamente na extraordinaria obra de Nikolái Gógol, O abrigo.

Duración: 70 min.

· 20 de marzo. El Avaro, de Atalaya. 20.30. A partir dos 14 anos.

Dirección e adaptación: Ricardo Iniesta.

Elenco: Carmen Gallardo, Enmanuel García, Laura Krivakova, Lidia Mauduit, María Sanz, Pedro Callealta, Raúl Vera e Silvia Garzón.

Sinopse: É unha das obras mestras de Molière e un dos seus últimos textos. Comedia basada en “Aulularia” de Plauto, ten por protagonista a Harpagón, un rico e miserento individuo. Este vello vive aterrorizado por un medo obsesivo: que lle rouben o baúl onde ten agochado o seu tesouro. Desconfía de todos, ata dos seus fillos... A trama sucede en París. Leonor (filla do avaro) está namorada de Froilán, un mozo ao servizo do seu pai como encargado, e Cleanto (fillo de Harpagón) quere casarse con Belisa, unha moza que vive coa súa nai a piques de ser desafiuzadas... polo propio avaro. A obra mostra o lado máis mesquiño e egoísta do ser humán, onde se levan ao extremo os problemas xerados polos cartos e o poder, o que resulta, lamentablemente de notable actualidade. Ao tempo que se percebe o maltrato que Harpagón propina aos seus empregados e o seu exacerbado sexismo.

Duración: 105 min.

· 21 de marzo. Estebanillo González, de Teatro Guirigai. 20.30. Máis de 14 anos.

Dirección e versión: Agustín Iglesias..

Elenco: Jesús Peñas, Raúl Rodríguez e Agustín Iglesias.

Sinopse: Estebanillo González, bufón profesional ao servizo do poderoso Duque Octavio Piccolomini, vive desenfadado na taberna que rexenta en Nápoles. Xunto aos seus camaradas, O Poeta e O Capitán, escenifica ante os fregueses da taberna as súas aventuras na Guerra dos Trinta Anos en Europa. Ao longo da trama descubriremos que Estebanillo tamén é espía do poderoso Piccolomini para informar dos trapicheos dos seus camaradas.

Duración: 85 min.

· 22 de marzo. Mala vida e pior morte de Ricardo III, de Producións teatrais excéntricas. 20.30. Coproducido polo Centro Dramático Galego. Máis de 14 anos.

Dirección: Alessandra García e Antón Coucheiro.

Autoría: María Lado, Evaristo Calvo e William Shakespeare.

Elenco: Evaristo Calvo.

Sinopse: A figura do derradeiro rey Plantagenet, Ricardo III de Inglaterra é pouco coñecida, do mesmo xeito que acontece con outros moitos monarcas medievais. O coñecemento da existencia deste rei da casa de York entre o público é principalmente debida á utilización que o dramaturgo e poeta William Shakespeare fixo do seu nome para a criación dunha das súas obras mais coñecidas; “The life and death of king Richard III” coñecida tamén como “A traxedia de RicardoIII”.

Espectáculo revisionista sobre o personaxe de Ricardo III recreado por William Shakespeare que tenta resitualo no contexto da ciencia histórica e resitualo na sua calidade humana a través do humor nun exercicio esquizoide no cal personaxe e intérprete revelan as súas contradiccións.

Mala Vida e Pior Morte de Ricardo III é un espectáculo unipersoal protagonizado por Evaristo Calvo no que a través dun monólogo dirixido á audiencia o personaxe do difunto rei Ricardo III de Inglaterra, argumenta en contra do relato dos derradeiros anos da súa vida que Shakespeare deixou trazado no drama “A vida e a morte do rei Ricardo III”. Dirixido por Alessandra García (Premio Max e Ojo Crítico) e Antón Coucheiro e con dramaturxia de María Lado (coa axuda de Shakespeare).

Duración: 60 min.

· 23 de marzo. El viento es salvaje, de Las niñas de Cádiz. 19.00. Máis de 14 anos. Premio al Mejor Espectáculo Revelación en los XIII Premios Max. Premio del Público Festival de la Garnacha, Haro. Premio del Público en la Mostra Internacional de Teatro Festivo e Cómico de Cangas. Premio del Público del Festival de Teatro Vegas Bajas. Premio Ángeles Rubio Argüelles del Festival de Teatro de Málaga y el Teatro Cervantes.

Dirección: Ana López Segovia coa colaboración de Jose Troncoso..

Autoría: Ana López Segovia.

Elenco: Alejandra López, Teresa Quintero/Alicia Rodriguez, Rocío Segovia e Ana López Segovia.

Sinopse: Dúas amigas. Tan amigas que son irmás. Só unha sombra sobre a súa amizade:

“Mentres que unha crecía confiada

Mimada pola vida e sorrínte

A outra sentíase desgraciada…”

Despoxamos a Fedra e a Medea dos seus peplos e traémolas ata os nosos días, convertíndoas en seres grises. Só cando abrolla o conflito asumirán de súpeto unha fatalidade antiga, baixo cuxa influenza arrasarán con canto se interpoña no seu camiño. De fondo, Cádiz, unha cidade de perfil macondiano, onde todos os elementos cotiás adquiren unha dimensión máxica que presaxia a traxedia: o perturbador vento de levante, anunciado pola frauta do afiador e pola presenza do circo nos arrabaldes da cidade, o chío dos paxaros, o coro dos veciños..

Este espectáculo é unha reflexión lúdica e “jonda” sobre a sorte e a culpa. Unha traxedia atravesada pola gargallada, como non podía ser de outro xeito nun espectáculo de Las Niñas de Cádiz. Xa que sabemos que en toda historia terrible hai un paradoxo que pode levar á comedia; e, ao contrario, en todo arranque de humor hai sempre un fondo tráxico.

Duración: 80 min.

· 27 de marzo. Casa de muñecas, de Secuencia 3 Artes Comunicación. 20.30. Todos os públicos.

Dirección: Lautaro Perotti.

Adaptador: Eduardo Galán.

Elenco: María León, Santi Marín, Patxi Freytez, Pepa Gracia e Alejandro Bruni.

Sinopse: Nora coida estar felizmente casada con Torvaldo. Levan oito anos casados e teñen tres fillos. Ademais, Torvaldo Helmer asumirá no novo ano o posto de director dun banco. Todo parece perfecto, pero Nora garda un segredo. Así llo confesa á súa amiga Linde. Anos atrás, o seu esposo estaba a piques de morrer. Debía cambiar de clima, pero económicamente éralles imposibel pagar unha viaxe. Nora convenceu a Torvaldo, quen ignoraba a súa propia enfermidade, que seu pai, agonizante, déralles os cartos.

Duración: 90 min.

· 28 de marzo. Las locuras para el veraneo, de Noviembre Teatro e Teatro Español. 20.30. Máis de 14 anos.

Versión e dirección: Eduardo Vasco.

Elenco: Jesús Calvo, Elena Rayos, Rafael Ortiz, Mar Calvo, Juan Carlos Talavera, Mario Portillo, Celia Pérez, Anna Nácher e Manuel Pico.

Sinopse: O “veraneo” atópase entre as actividades sociais irrenunciabels das familias de Livorno e os preparativos de última hora resultan vertixinosos, xa que ninguén quere sufrir as calores estivais da cidade. O destino soñado son as apacibels vilas de la Toscana e, cómo non, todo o ocio e as diversións que o campo ofrece. A vida non se entende sen esta tempada de indolencia e repouso!

Pero a rivalidade e os celos encenden os ánimos durante os días previos á partida, e ainda que todo e cortesía entre as familias burguesas da cidade, unha enlouquecida competencia fará saltar todo polos aires. Leonardo e a súa irmá, pese a estar endebedados ata as cellas e contar con moi poucos recursos, non pensan quedar sen vacacións e, ademais, tendo en conta que a familia do seu veciño Filippo, e a súa bela filla Giacinta, téñeno todo a punto para partir cara un verán de fantasía.

E o mecanismo da comedia triunfa da man do maestro Goldoni: dous galáns namorados da mesma muller, dúas damas que rivalizan por estar á moda, criados que non saen do seu asombro pero enlean ao servizo dos seus amos, pais que non entenden nada e amigos gorróns que completan o cadro de personaxes desta divertida e elegante comedia.

Duración: 90 min.

· 29 de marzo. Mulleres que viven soas, de Berrobambán. 20.30. Coprodución co FIOT de Carballo. Máis de 14 anos.

Dirección: Chiqui Pereira e Nuria Sanz.

Elenco: Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo.

Sinopse: Protagonizada polas Tres Bruxas que profetizan o ascenso de Macbeth ao trono na peza de Shakespeare. Tres bruxas que encarnan os males deste mundo e que nos serven de referencia para rirnos da diferenza entre como nos ven (ou nos contan) e como nos sentimos nós dentro das nosas casas. Espectáculo híbrido entre o teatro documental, a standup comedy e o teatro isabelino interpretado por tres das contadoras de historias máis relevantes do país: Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo. Tres mulleres excepcionais para dar voz e corpo a historias reais e personaxes femininas de ficción.

Mulleres que viven soas é unha coprodución de Berrobambán e o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo.

Duración: 75 min.

· 30 de marzo. Tebanas, da Compañía Ay Teatro. 19.00h. Máis de 14 anos.

Dirección: Yayo Cáceres.

Dramaturxia: Álvaro Tato.

Elenco: Cira Ascanio, Marta Estal, Fran Garzía, Daniel Migueláñez, Gabriel de Mulder e Mario Salas.

Sinopse: O pobo de Tebas revive os seus tres grandes mitos a modo de coro tráxico:

O rei Edipo busca ao asasino de seu pai para rematar coa maldición que sofre a cidade; a salvación depende de revelar o segredo máis terrible.

Eteocles, fillo de Edipo, defende Tebas do ataque do seu irmán Polinices, nunha guerra a morte polo poder.

Antígona, filla de Edipo, da sepultura ao seu defunto irmán a pesar da lei de Creonte, novo mandatario da cidade que prohíbe o enterro del enemigo.

Ay Teatro reúne varias obras mestras da traxedia grega representadas por un coro teatral de actores e músicos que reviven o gran mito de Tebas: a saga de Edipo e os seus descendentes. Este elenco de actores e actrices novas, encarna a todas as personaxes dunha saga familiar que transgrede os límites sociais ata as últimas consecuencias, nun espello ético e moral onde se reflexan as grandes preguntas fundadoras da convivencia: son herdábels os delitos e as culpas? A verdade debe buscarse a calquera prezo? Existe un límite entre razón e crenza? Debe prevalecer o Estado sobre a persoa? Qué distingue ao aliado do enemigo? Cál é a fronteira entre xustiza e lei? En definitiva: Quén somos nós? Ay Teatro propón unha viaxe á orixe pura da traxedia clásica.

Duración: 80 minutos.