O Craega impulsa este mércores e xoves o Foro Ecogastronómico de Galicia en Santiago de Compostela

LUGO

O acto consistirá na celebración de tres coloquios, co obxectivo de achegar á sociedade galega a riqueza e diversidade do sector ecolóxico
08 abr 2025 . Actualizado a las 12:28 h.O Foro Ecocastronómico de Galicia (FEGAG), promovido polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), celebrarase este mércores 9 e xoves 10 de abril na Casa Ria, en Santiago de Compostela. A iniciativa conta coa colaboración da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) co obxectivo de «debater e achegar á sociedade galega a riqueza e diversidade do sector ecolóxico». No acto estará presente a conselleira do Medio Rural, María José Gómez; a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, e o presidente do Craega, Francisco López Valladares.
O mércores 9 as 12.00 horas comenzará o primeiro dos coloquios, moderado polo xornalista Manuel Cruz. O debate centrarase nas sinerxías da agricultura ecolóxica e as denominacións de orixe-indicacións xeográficas protexidas coma un modelo de beneficio mutuo. Os ponentes serán Benigno Pereira, de A Corga (Ribeira Sacra, Craega); Xosé Luis Carreira Valín, de Arqueixal (Arzúa-Ulloa, Craega); Natalia Rodríguez, de Corisca (Rías Baixas, Craega); Juan Carlos Juncal, de Dime Salnés (Mexillón de Galicia, Craega), e Isabelle Gómez, de Traloagro (Ternera Gallega, Craega).
Durante a pausa para comer se degustarán saborosas elaboracións ecolóxicas e despois, arredor das 15:30 horas, empezará o segundo coloquio, sobre atrancos e oportunidades no desenvolvemento do mercado ecolóxico en Galicia. Nesta ocasión, o moderador será Rafael Rivadulla, de Agronovo Ecoloxía, e os ponentes Rosa Celia Otero, da Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios; Roberto López, da Distribución Maiorista EcoMundo; María do Mar Pérez Fra, do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC); Juan Soriano, director do Proxecto Ecosocial Entrelampo, e Francisco Couso, director rexional de Carrefour Galicia. O primer día do evento rematará cunha merenda ecolóxica.
O xoves, na segunda xornada do Foro Ecogastronómico, terá lugar a última das mesas redondas, prevista para ás 12 horas. Baixo o título de «A excelencia da gastronomía ecolóxica galega: tradición, sostibilidade e innovación», será moderada por Jorge Guitián, creador de contido sobre gastronomía. Neste coloquio estarán Libia Estévez, chef coordinadora de comedores escolares Km 0; Julio Mato, chef I+D en Culinaria; Martín Mantilla, chef Restaurante Berso, e Begoña Vázquez, chef Restaurante Regueiro da Cova. O encontro chegará ao seu fin logo dun xantar con produtos ecolóxicos certificados.
«O Craega reafirma o seu compromiso coa promoción da agricultura ecolóxica en Galicia, fomentando o debate, a innovación e a colaboración entre os diferentes axentes do sector para seguir impulsando un modelo alimentario máis sostible, saudable e de calidade», apuntan dende a entidade.