Os Premios Líder Baloncesto recoñecen á canteira lucense

la voz LUGO

LUGO

Entregáronse os galardóns da décima edición destes premios, con Noa López como MVP do ano 2025

28 may 2025 . Actualizado a las 09:34 h.

Este martes celebrouse a décima edición do Premios Líder Baloncesto Base Lucense, unha gala que supón unha forma que ten Líder de agradecer a colaboración dos clubs, adestradores e especialmente a xogadores e xogadoras polo seu esforzo colectivo e individual ao longo da tempada, graza o cal Líder é unha realidade cada luns co seu suplemento encartado en La Voz de Galicia que resume cada xornada do baloncesto base lucense, co patrocinio principal da Vicepresidencia da Deputación, sendo esta a promotora deste suplemento que arrincou hai 20 anos.

Líder superou esta tempada as 1.000 publicacións, chegando esta semana ao número 1.029, tras saír á luz o primeiro exemplar un 7 de setembro do 2005, cando aínda non nacera ningún dos premiados da gala de onte.

Os asistentes á gala

Na entrega de premios, nunha gala presentada por Terio Carrera, estiveron o vicepresidente provincial, Efrén Castro; o deputado Daniel García; a concelleira de Cultura de Lugo, Maite Ferreiro; Manuel Durán, de Durán Maquinaria; Enrique e Moncho Alonso, de Cafés Candelas; Roi Conde, xerente de Carrefour Lugo; do Breogán, Salvo Arco, Sakho e Nakic; e do Ensino, Claudia Soriano e Suso Garrido.

Os premiados

Na gala fóronse entregando os gañadores MVP: Júnior Segunda División Masculina e Feminina, Samuel Neira (Estudiantes) e Ángela (Cidade de Lugo). Preinfantil Mixto Liga Galega Mixto, feminino foi Mencía Veiga (Estudiantes) e masculino Xoel Bande (Sagrado Corazón). Infantil Mixto Liga Galega Mixto, feminino foi María Parga (Cafés Candelas Ensino) e masculino, David Prado (Estudiantes). Segunda División Cadete Feminina foi Marina Vivero (Estudiantes), Júnior Mixto Liga Galega foron Néstor Viño (Ensino) e Noa López (Candelas). Esta moza foi ademais a gañadora absoluta do MPV 2025.

En Preminibasket feminino e masculino gañaron, respectivamente, Celtas de Foz e Rosalía de Castro. En Minibasket feminino e masculino gañaron Academia A Mariña Burela e Oso Blanco Sarria. O Infantil Masculino Segunda División foi Cafés Candelas. O Cadete Mixto Liga Galega tivo como MVP a Jacobo Méndez e a Sarai Teijeira. En Cadete Masculino Segunda Division o MVP foi Roi (Friogmar). En Infantil Feminino, Alina (A Mariña Burela). En Minibasket Primeira División os MVP foron David Méndez e Catalina Vázquez