Guía de ocio para o venres 25 en Lugo: música para o Día de Galicia e as festas do Santiago
LUGO

Haberá concertos e verbenas por toda a provincia. Ademais, comeza o Criterium Aeronáutico de Rozas e o descenso urbano polas rúas de Sarria
24 jul 2025 . Actualizado a las 12:42 h.Concertos e verbenas multiplícanse por toda a provincia para festexar o Día de Galicia e as festas do Santiago. Ademais, comeza o Criterium Aeronáutico de Galicia e o descenso urbano en bicicleta polas rúas de Sarria, entre outras propostas de ocio.
CRITERIUM AERONÁUTICO EN CASTRO DE REI
Aeródromo de Rozas, ata o domingo. Comeza o XVII Criterium Aeronáutico de Galicia, un evento familiar e participativo, con entrada libre e de balde, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00. Haberá saltos en paracaídas, voos de introdución, globo aerostático, avións acrobáticos, simulador de voo, aeromodelismo, inchables infantís, exposicións aeronáuticas (de avións non tripulados: drons e RPAS; aeronaves e compoñentes, avións e helicópteros históricos...), visita de helicópteros e avións de entidades estatais (DGT, Garda Civil e Policía Nacional), proxectos aeronáuticos do ciclo de Aeromecánica do CIFP de As Mercedes e XXIX Volta Aérea a Galicia.
FESTAS EN CASTROVERDE
Todo o día. Continúan ata o sábado as festas de Santiago Apóstolo. Esta xornada, día do patrón, empezará con Batucada Tambukda, ás 12.00; ás 13.00, misa e procesión; ás 14.30, música con D’Cano; ás 19.30, actuación de Mekanika Rolling Band; ás 23.30, verbena con El Combo Dominicano e D’Cano, e a medianoite, fogos artificiais.
JAZZ EN O COUREL
Esperante, 20.30. Empeza o Festival CourelSon, con jazz e blues na montaña. Actuará Minnemann Blues Band, con entrada de balde.

EXPOSICIÓN EN GUITIRIZ
Escola Habaneira, 9.00-14.00. Aberta ata o día 5 a mostra Os maragatos na Porta de San Pedro, que organizan o Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro. A exposición está composta por doce paneis en galego e castelán, e recolle un resumo da historia da familia Pérez-Carro, asentada en Lugo desde 1880, e o seu importante papel comercial e social na cidade no decurso destes 145 anos. Os contidos da mostra están recollidos no catálogo que se entregará de balde aos visitantes.
FESTA EN LUGO
A Milagrosa, todo o día. A asociación Facer Lugo celebra o Día de Galicia con música e actividades infantís. Ás 12.00 haberá unha misa e actuación de música tradicional cun grupo de gaiteiros. Pola tarde, de 16.30 a 19.00 horas terá lugar una sesión de xogos na Praza da Milagrosa, e a partir das 20.30 horas, música co grupo Louband polas rúas do barrio.

VISITAS GUIADAS EN LUGO
O Vello Cárcere, 17.30. Siguen as visitas guiadas para todos os públicos sobre a historia do edificio e a memoria histórica, da man da exposición O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra. As inscricións poden facerse no 982 297 195.
CONCERTO EN LUGO
Praza da Mosqueira, 20.30. Continúa o ciclo de concertos do Muralleando, coa actuación de Cántigas e Frores.
MÚSICA EN RIBADEO
· Zona vella, 12.00-15.00, e recinto do festival, 18.30-3.00. Comeza o Vendaval Fest, con sesión vermú con Atómica DJ; e concertos de Cuarta Xusta, DJ Tralla, Sandford Music Factory, Lendakaris Muertos, Rienda Suelta e Boikot. Tamén conta con zona de acampada, desde 2 euros. As entradas están á venda desde 15 euros en woutick.es. A cita continuará ata o domingo.
· Campo de San Francisco, 20.30. Concerto do Día da Patria, coa Banda Municipal de Música de Ribadeo.
CIRCO EN RIBAS DO SIL
Anfiteatro da Praia Fluvial, 20.00. Actuación de Duende Circo con Pallaso Total.
BICICLETAS EN SARRIA
Todo o día. Empeza o DHU Vila de Sarria, con espectáculos deportivos nas rúas da vila, organizado polo club ciclista DH Galicia. Nesta primeira xornada, haberá pola mañá o Mini DHU, e pola tarde terá lugar o DIRT Vila de Sarria, unha proba de saltos e de acrobacias dos participante: saltos de tres metros de rampa, recepción inchable, acrobacias aéreas... con adestramentos na Avenida de 15.00 a 19.00 e as probas desde as 19.00. Paralelamente, haberá gastronomía, concertos e humor: ás 20.00 actúan Saha & Ryu, presentando Xardín das fadas; ás 21.00, o espectáculo Piensa en Wilbur, ás 22.30, Green Covers, co seu tributo a Coldplay, Muse e hits; e á 1.00, DJ Frisco e Marcos Peón, co guateque Yo lataba en EGB.
FESTAS POPULARES
· Abadín (Moncelos). Continúan as festas de Santiago Apóstolo e Santa Ana con misa (13.30) acompañada da Coral Polifónica de Abadín, procesión con Asubíos da Chaira, sesión vermú e verbena coas orquestras Fuxsión Latina e La Misión.
· Antas de Ulla (Dorra-Senande). Seguen as festas con misa (13.00), sesión vermú coa Banda de Música de Antas de Ulla e o grupo D’Kriss e verbena con D’Kriss e o dúo D’Vicio.
· Begonte (Illán). Sesión vermú e verbena coa orquestra Pontevedra. Ademais, ás 18.00 haberá actividades deportivas e recreativas.
· Burela. Romaría de Montecastelo, ata o domingo, con vermú a cargo do dúo Venus, misa (20.00) na igrexa de Vila do Medio; ás 20.30, panceta, chourizo e peixe; tardeo con DJ Pepu e ás 22.30, concerto de De Ninghures, Venus e DJ Balbi.
· Cervo (Sargadelos). Seguen as festas con misa (13.00) e procesión, pasacarrúas ata o campo da festa, baile co grupo Fol do Raxal, sesión vermú con Discomovil Conxuro, racións de churrasco, baile de tarde, e verbena co grupo Alma Latina e Kike Varela.
· Cospeito (Xustás). Continúan as festas con misa (13.30), vermú e verbena a cargo das orquestras Ritmo Joven e Talismán.
· Guitiriz (Trasparga). Comezan as festas con vermú e verbena a cargo da orquestra Alabama e o dúo Son’s de Festa.
· Lugo (Castelo, A Chanca e O Rato). Festas do Santiago, con pasarrúas a cargo dos grupos Os Xílgaros de Lugo e Trastiños do Castelo; misa (13.00), homenaxe a José Otero Ledo a cargo de Os Xílgaros de Lugo, ofrenda floral a cargo do gaiteiro Óscar Pérez, sesión vermú coa orquestra Alianza, sorteo dun xamón, verbena con Alianza e o trío Rosel, sorteo dun bono combustible e unha vasoira-aspiradora, carpa e inchables gratis.
· Lugo (Meilán). Empezan as festas con misa (13.30), vermú e verbena coas orquestras Ritmo e Furia Joven.
· Lugo (Piugos). Comezan as festas con churrascada popular e verbena co dúo Epo-K.
· As Nogais (Doncos). Terminan as festas con misa (13.00), procesión, vermú e verbena con Mar de Caión e xogos infantís (18.00).
· Palas de Rei (Lestedo). Acaban as festas con misa (13.00), vermú e verbena co dúo Reflejos e o DJ Maikstyle, e sorteos pola noite.
· O Páramo (Santiago de Saá). Hai misa (13.00), procesión, actuación da Banda Claustro Música de Lugo, vermú e verbena con Fussión e Verónica Cambón.
· A Pastoriza (Reigosa). Empezan as festas con misa (13.30), vermú e verbena co Dúo Sonidos e La Ola ADN.
· Pol (Santiago de Silva). Último día de festas con misa (13.30), vermú e verbena coa orquestra Primera Línea.
· Portomarín (Soengas). Sesión vermú e verbena coa orquestra Tokio.
· Samos (Estraxiz e Sivil). Seguen as festas con misa (13.30), procesión, sesión vermú e de tarde-noite coa orquestra Los Key.
· Sarria (Barbadelo). Continúan as festas con misa (13.30), procesión, vermú e verbena a cargo do grupo M-3 e DJ Minanova.
· Triacastela (San Cristóbal de Cancelo). Festexos con misa (13.00), vermú e verbena con trío Somos Latinos, inchables acuáticos e xogos gratuítos para nenos de 17.00 a 20.00 horas, e cea popular ás 21.30.
· Vilalba (Goiriz). Inicio das festas con misa (13.30), procesión, vermú e verbena co grupo Alaska e Cuarta Calle (Jorge Ferre, excompoñente de Panorama).
· Viveiro (Celeiro). Seguen as festas con vermú e verbena a cargo de Eureka, Gran Parada e Power Disco.