O encontro servirá tamén para homenaxear a tocadores da comarca
17 mar 2018 . Actualizado a las 20:09 h.Domingo 18 • A Fonsagrada • Información e reservas: 986 847 074, 982 229 966 ou secretaria@gaiteirosgalegos.gal •
A Asociación de Gaiteiros Galegos celebra o XXIII Xantar Gaiteiro na Fonsagrada, con máis de cen persoas vencelladas coa cultura tradicional e unha homenaxe a tocadores da comarca: Manuel Enriquez Fernández (Nela de Bres), Taramundi; Constante Fernández Castelao (Constante de Valiña), Carballido; Otilio Fernández García (Otilio da Burela), Carballido; César Fernández Fernández (César de Montixo), Leituego; Desiderio Sampaio Rico (Siderio de Vilarmide), A Pontenova; Modesto Arias López (Modesto de Murias), A Fonsagrada; Hilario Lombardia Rodil, Taramundi; Antonio Arias (Corredoira), Xestoso; Manuel Fernández Diaz (Juano), San Martín de Suarna; Antonio Fernández (Paradiñas), Pobra de Burón; e Dositeo López Fernández (Dositeo do Fito), San Martín de Suarna.
· 12.30h. Visita guiada ao Museo Etnográfico
· 13.15h. Roteiro polos bares
· 14.30h. Xantar no restaurante O Piñeiral
· 16.30h. Homenaxe a tocadores da comarca