
Haberá degustacións, música, desfile de moda, demostración de oficios, maxia e coches clásicos
16 jul 2018 . Actualizado a las 10:41 h.12 de agosto • Todo o día • Castroverde •
Castroverde celebrará o 12 de agosto a XIII Feira de Artesanía e Gastronomía, que inclúe degustacións, música, demostración de oficios tradicionais, postos de artesanía e gastronomía, espectáculos de maxia, desfile de moda e a VI Concentración de Motos e Coches Clásicos. O programa de actividades será o seguinte:
· 10.00h. Apertura da feira
· 11.00h. Obradoiros artesanais de olaría, cestería, latón, cerámica, feltro e instrumentos musicais. Poderase acceder a eles ao longo de todo o día
· 11.30h. Maxia na rúa, a cargo dos magos Pedro Bugarín, Owy e Manuel Lamas. Interactuarán co público ao longo de todo o día
· 12.00h. Recepción de autoridades e inauguración da feira. Actuación da Asociación Cultural e Musical Zuncurrundullo, de Castroverde. Percorrido polo recinto feiral
· 12.30h. Presentación do libro El Caballero Verde, novela histórica do século XIV ambientada no Castelo de Castroverde, a cargo do escritor Ricardo Polín
· 13.00h. Degustación dunha cata de cervexa galega elaborada de forma artesanal, por cortesía de Cervexas Píntega
· 13.30h. Desfile de moda, organizado por María Nogueira: colección Adeus, Marey by Sergio Marey; vestidos e complementos, September Clementine; vestiario imaxinario, Cestería Viva-Lola Tourón; e colección inspirada en Frida Kahlo, Fabiolo.
· 14.00h. Pregón a cargo do publicista castroverdense José Enrique González Muñoz
· 14.30h. Actuación da charanga Tuba e Dalle, de Rábade. Xantar típico galego
· 17.30h. Actuación musical Leña Verde, de Pol
· 19.00h. Actuación teatral co espectáculo Duncan de Palleiro, a cargo da compañía Lila Teatro, no recinto das piscinas municipais
· 20.00h. Gala de Maxia, a cargo dos magos Pedro Bugarín, Owy e Manuel Lamas, no aparcadoiro das piscinas municipais
· Ademais, durante todo o día haberá demostración ao vivo de oficios tradicionais, e concentración de motos e coches clásicos