A mestra que ensinou a centos de lucenses a amar o parque de Rosalía

Lorena García Calvo
lorena garcía calvo LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Tere Blanco, diante da araucaria de Chile, a súa árbore favorita do parque
Tere Blanco, diante da araucaria de Chile, a súa árbore favorita do parque OSCAR CELA

Tere Blanco recompilou nos anos 90 a historia de 38 especies botánicas da zona verde para compartir as súas particularidades cos seus estudantes

25 jul 2021 . Actualizado a las 21:37 h.

O parque de Rosalía de Castro leva un século formando parte da vida dos lucenses, pero a meirande parte deles descoñece a riqueza botánica e a historia que se condensa na zona axardinada máis importante da cidade de Lugo. Ese descoñecemento e a necesidade de poñer en valor a riqueza dese espazo foi o que levou á mestra Tere Blanco a desenvolver ao logo dos anos traballos didácticos cos seus alumnos encamiñados a que coñeceran as marabillas do Rosalía.

«Yo fui maestra, y me di cuenta de que los lucenses no conocían la riqueza botánica de su parque, así que sobre los años 90 hice un trabajo recopilando la historia de las 38 especies arbóreas más características que hay en el parque y la compartí con los niños. Quería que vieran lo importante que hay en la ciudad. Hice lo mismo con la Muralla y la Catedral», lembra a mestra xubilada. Naquela época na que a palabra Internet nin soaba, fixo, co apoio dos pais, un inxente traballo de recompilación de información a base de enciclopedias e libros. Seleccionou as 38 especies e folla a folla foi recompilando datos: a súa procedencia, o seu nome orixinario, a cor das súas follas... unha especie de DNI de cada árbore. Unha vez que tiña a súa historia, asignaba a cada neno da clase unha variedade. «Luego, cada niño tenía que venir al parque con sus padres a conocer su árbol. En el mes de junio, con el parque en pleno esplendor, veníamos de visita en grupo y cada alumno debía explicar al resto de la clase todo lo que sabía de su especie. Así, muchos niños del Divina Pastora, el Rosalía, el Menéndez Pelayo o el Sagrado Corazón conocieron mejor el parque», describe Tere.

Tere conserva o libro co que ensinou aos seus alumnos a distinguir moitas das especies do parque
Tere conserva o libro co que ensinou aos seus alumnos a distinguir moitas das especies do parque OSCAR CELA

O parque de Rosalía é como unha especie de ONU da botánica, posto que nas súas máis de dúas hectáreas hai especies de todos os continentes: máis de 70 clases entre árbores, arbustos e plantas de seto. Dende a araucaria de Chile que medra a carón do busto da insigne Rosalía, ata unha secuoia xigante orixinaria dos montes de California, pasando por morenas brancas, propias de zonas mornas de Asia, ata os míticos plátanos de sombra que se poden atopar en case todos os pobos e cidades.