Navia de Suarna acolle unha caravana cultural de mulleres rurais

Laura López LUGO / LA VOZ
Miriam Fernández Otero tomará parte na feira de Navia
Miriam Fernández Otero tomará parte na feira de Navia SABELA EIRIZ

Mercado, gastronomía, talleres, teatro e música terán lugar esta fin de semana

31 ago 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Días 2 e 3 • Navia de Suarna •

Navia de Suarna acolle esta fin de semana a Caravana Cultural das Mulleres Rurais, baixo o lema «A cultura é igualdade», con concertos, teatro, mesas de cine, talleres...

O sábado, de 11.00 a 19.00 horas, terán lugar a feira de emprendedoras na Praza do Concello, con degustación de produtos agroalimentarios, e tamén os talleres en vivo gratuitos, a cargo de Fusaiola (fiado de liño e la), Tres Caracoles (taller de coiro) e Lucecús (tecer coas mans).

A inauguración oficial terá lugar ás 11.30, mentres que ás 12.00 comezará un taller de musicoterapia, no salón de plenos do Concello, que volverá a celebrarse ás 13.00 na ferretería. Ás 12.30 tocaralle a quenda a unha mesa de cine na Praza do Concello e, no mesmo lugar, ás 16.30, terá lugar o taller de formación «Trasmisión de saberes tradicionais, a relación coa cultura e/ou novos retos, 'Transmisión oral mulleres pandereteiras'». O teatro chegará ás 18.00 na igrexa, a cargo de El Contrabajo Estrellado, mentres que a música pechará a xornada ás 20.30, co concerto de Bulbakan.

En canto ao domingo, volverán a feira de emprendedoras e os talleres en vivo gratuitos. Ás 12.00 comezará un taller de bolillos, mentres que ás 12.30 terá lugar a sesión vermú, na igrexa, co concerto de N.E.X.N. Ás 16.00 será o grafiti final do proxecto «A cultura é igualdade».