Os preto de 1.500 veciños do Páramo recibiron da Deputación 530.000 euros

La Voz

O PÁRAMO

ALBERTO LÓPEZ

O investimento contribuíu a mellorar a súa calidade de vida e as dotacións públicas

31 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Emprego. O Páramo recibiu  mais de 170.000 euros para financiar todos os custos laborais de 7 traballadores que estaban no paro, e que grazas aos plans de emprego da Deputación atoparon unha saída laboral. Como por exemplo un animador sociocultural e tres peóns que contribuíron a mellorar as prestacións públicas do Concello.

Servizos Sociais. Os servizos sociais do Páramo reforzáronse cun investimento de mais de 26.000 euros da Deputación.

Infraestruturas. Os veciños do Páramo contan con novas dotacións publicas cunha chega económica da Deputación 146.800 euros como por exemplo accesos a núcleos rurais, ou melloras na rede de alumeado público, ademais do acondicionamento de accesos a San Vicente, Quintela e Pinte.

Turismo, Cultura e Deportes. O Goberno da Deputación tamén contribúe a dinamizar as actividades do Concello, concretamente financia as actividades extraescolares das escolas deportivas municipais; actividades culturais na vila como contacontos e talleres de cine; ademais de actividades para maiores e de Nadal. Ademais tamen contribue a promocionar o turismo no Concello coa edición das Feiras e festas da Primavera.

Investimentos. O executivo provincial contribúe con preto de 155.000 euros para o acondicionamento do centro social de Saa, a construción dos accesos na Barreira, melloras de camiños en San Mamede por Reascos a Beleigán, de Laxe a Reascos, de Tore por Piñeiro a San Mamede, de Piqueiro a Porto Burato, de Santa Andrea á ponte sobre o río Miño, de Novas a Vigto, de Parapar a Ardeverde, de Saa a Pacios, de Paredes a Saa e o acceso á Igrexa de Reascos.