
Tres días de festexos tradicionais
08 jun 2018 . Actualizado a las 10:23 h.Desde hoxe ata o domingo • Todo o día • Campo da feira do Páramo •
O Páramo celebra desde hoxe a XLII Festa da Primavera, con artesanía, gando (unhas 380 reses), máis de trinta actividades -case todas relacionadas co rural- e moita festa. O programa para hoxe é o seguinte:
· 10.00h. Lanzamento de foguetes e actuación de charanga.
· 12.00h. Misa solemne.
· 13.00h. Inauguración das Feiras a cargo das autoridades.
· 14.10h. Actuación da banda de Acordeóns O Folión.
· 14.30h. Pregón.
· 15.00h. Xantar Oficial e Comida da terceira idade.
· 18.00h. Actuación da Recanteira de Luar Verónica Cambón.
· 23.30h. X Festa da Xuventude.