Cristina Pato realiza unha xira por Italia

La Voz

OURENSE

Miguel Villar

A gaiteira ourensá participa nos actos de presentación do documental «The music of strangers»

25 nov 2016 . Actualizado a las 18:12 h.

A gaiteira ourensá Cristina Pato iniciou unha xira por Italia coincidindo coa presentación do documental «The music of strangers», de Morgan Neville. A artista ourensá e a música galega en xeral contan cunha importante presenza no traballo audiovisual. A parte adicada a Cristina Pato explora explora os valores fundamentais da cultura e da identidade galega e dá  a coñecer a súa vida familiar, social e cultural en Galicia. Roma, Boloña, Florencia, Milán, Sorrento e Nápoles son as cidades onde se presentará o documental que amosa o traballo que se está a facer na formación Yo-Yo Ma and the Silk Road Ensemble. O filme conta a historia deste colectivo musical creado polo lexendario cellista Yo-Yo Ma  do que forma parte Pato. A través da fita podemos seguir as vidas deste grupo de instrumentistas, e como exploran o poder da música para preservar a tradición, dar forma á evolución cultural e inspirar a esperanza. No caso da gaiteira, o filme (que dura 96 minutos) retrata a Cristina Pato no seu ambiente en Galicia. Nel pódense ver imaxes da zona vella de Ourense e Santiago, Armariz (Nogueira de Ramuín) ou do campamento romano Aquis Querquennis de Bande. Ademais da súa familia, aparecen outros personaxes da cultura e da música galega.