![](https://img.lavdg.com/sc/j3c5nCq7FQqHSTOFRhQSG1USM0Y=/480x/2021/10/18/00121634577901617359154/Foto/OO19C5F9_192351.jpg)
Participou, entre outros, Xesús Alonso Montero, amigo e editor do poeta
18 oct 2021 . Actualizado a las 14:00 h.O Museo da Limia, en Vilar de Santos, acolleu un acto en conmemoración do centenario de Antón Tovar, onde interviron o cantautor valdeorrés, Anxo Rei, autor dun cedé monográfico con poemas do poeta da Pereira e Antón Jardón, coordinador do padroado do museo que leu gabanzas dos intervintes ao homenaxeado. Ademais, Delfín Caseiro, presidente do padroado, fixo unha semblanza da vida e obra do creador limiao e leu un soneto de Edelmiro Vázquez, adicado ao Xosé Lois García, escritor e articulista, amigo e estudioso do poeta, quen rememorou os seus encontros co Tovar. Pechou o acto o académico e expresidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, amigo e editor de Tovar. Na súa intervención salentou a universalidade, calidade e actualidade da súa poesía . A exposición permanecerá aberta ata o día do centenario do poeta, nado na Localidade limiá da Pereira, Rairiz de Veiga.