Os alumnos expoñen as súas pezas no Centro Cultural Marcos Valcárcel
10 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.As Letras Galegas do 2025 están dedicadas ao cancioneiro popular galego e ás cantareiras. E ese concepto de raíz, de costumes, de oficios artesáns e de cultura tradicional galega foi o escollido pola Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense para que os seus alumnos o tomaran de referencia á hora de crear as pezas para a exposición anual do centro. Unha mostra, «Raíces», que por vez primeira está composta por obras de creación propia, máis alá das reproducións que adoitan facer os alumnos da escola.
«Raíces» amosa no Marcos Valcárcel trinta e catro obras que van dende a pintura ao modelado en barro, pasando pola talla e a olería. Os seus autores son persoas que simbolizan a filosofía do proxecto de Artes e Oficios, e hai dende creacións dun rapaz de 14 anos a pezas realizadas por persoas de más de 70.