Allariz reparte mil euros ca campaña do Peto dos Desexos

LA VOZ OURENSE

ALLARIZ

cedida

O Concello celebrou o sorteo que premiou a sete veciños

09 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Allariz celebrou este mércores ás 11.00 horas o sorteo dos premios da campaña «O Peto dos Desexos». A iniciativa, organizada pola concellería de Promoción Económica, buscaba incentivar as compras no comercio e na hostalaría locais durante as festas de Nadal.

Nesta edición, repartíronse un total de 1.000 euros en sete vales: dous de 250 euros cada un e cinco de 100 euros, destinados a clientes que presentaron comprobantes de compras realizadas entre o 5 de decembro de 2024 e o 6 de xaneiro de 2025, cun importe mínimo de 30 euros (acumulable entre varios tickets).

Os gañadores dos premios de 100 euros foron José Lesta Villar, Irene Varela Barrio, Elena Fernández Blanco, Cristian Noya Mañogil e Mercedes Clemente Siota. Dos vales de 250 euros, Nieves Clemente Siota e Patricia Soto Álvarez. Ademais, extraéronse sete papeletas de reserva para substituír aos gañadores no caso de que algún deles non cumpra cos requisitos do sorteo.

As persoas premiadas poderán gozar dos seus vales durante todo o mes de xaneiro nos comercios locais de Allariz. María López, concelleira de Promoción Económica, celebrou a alta participación nesta campaña e agradeceu o apoio ao comercio de proximidade.