Cultura investiu 80.000 euros na mellora do núcleo rural de Sanín, na vila de Ribadavia

La Voz OURENSE

RIBADAVIA

cedida

O conselleiro visitou o lugar, onde se renovou a pavimentación do camiño principal e a rede de abastecemento

30 ene 2020 . Actualizado a las 14:33 h.

A Consellería de Cultura e Turismo investiu preto de 80.000 euros na mellora do núcleo rural de Sanín, no municipio de Ribadavia. As obras foron visitadas este mércores polo titular do departamento, Román Rodríguez, e pola delegada da Xunta na provincia, Marisol Díaz Mouteira. O alcalde, César Fernández Gil, acompañou aos representantes do Goberno galego. A intervención en Sanín «permitiu renovar a pavimentación do camiño principal deste núcleo e a rede de abastecemento, así como repoñer as reixas de entradas ás casas». Román Rodríguez salientou a importancia de acometer este tipo de actuacións para impulsar o turismo rural en núcleos como Ribadavia «onde este sector supón un importante estímulo económico que axuda a crear emprego e fixar poboación». Desde Cultura e Turismo destacouse que este departamento leva investidos nos últimos tempos 150.000 euros en Ribadavia, en accións encamiñadas a potenciar o atractivo turístico da capital do Ribeiro.