Terceiras Xornadas Gastronómicas en Feminino de Bueu

PONTEVEDRA

CONCELLO DE BUEU

02 mar 2025 . Actualizado a las 11:00 h.

As terceiras Xornadas Gastronómicas en Feminino desenvolveranse en Bueu do 8 ao 15 de marzo co obxectivo de por «en valor o papel das mulleres na cociña». Un total de doce locais da vila crearán as súas propias tapas inspiradas na cociña de Amelia González do restaurante Casa Solla.

«É un pracer colaborar coa hostalaría nesta iniciativa que naceu hai tres anos e coa que queremos, ao noso xeito, visibilizar a muller na alta cociña na que sempre quedou agochada», engadiu Silvia Carballo, concelleira de Promoción Económica.

O acto institucional celebrarase o 15 de marzo estando previsto unha charla-coloquio na que a homenaxeada falará da súa traxectoria.