O Pazo da Toxeiriña acollerá a Gala de Turismo da Deputación de Pontevedra
MORAÑA / LA VOZ
PONTEVEDRA

É a primeira vez que o evento, que se desenvolverá o martes, se traslada ao interior da provincia
28 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Este martes, ás sete e media do serán, o Pazo da Toxeiriña, en Moraña, acollerá a Gala de Turismo da Deputación de Pontevedra baixo o lema «Cando volves?». É a primeira vez que este evento se desenvolve no interior da provincia, cunha campaña estreada en Fitur que xa foi premiada en festivais do sector en Xapón e Sudáfrica. A calidade turística terá nela un papel principal, xa que as empresas que conseguiron o distintivo de calidade turística do SICTED centrarán boa parte do protagonismo. A gala será conducida por Rocío Delgado e contará coa actuación musical de Montedapena.