Poio recoñece, por primeira vez, a traxectoria de tres entidades do concello polo Día de Galicia
![Alfredo López Penide](https://img.lavdg.com/sc/NKpMGimiaSDk5tloIymUM6TzPsk=/75x75/perfiles/175/1623322863108_thumb.jpg)
POIO
![](https://img.lavdg.com/sc/58Sq0MSf-oGP5M_0hOs6f3fcOuY=/480x/2024/07/17/00121721228941992395625/Foto/P_20240717_162901000.jpg)
O acto institucional desenvolverase o 25 de xullo no Pereiro
17 jul 2024 . Actualizado a las 17:27 h.O vindeiro 25 de xullo, o Concello de Poio conmemorará o Día de Galicia no Pereiro cun acto institucional no que, por primeira vez, se fará un recoñecemento a persoeiros e entidades vencelladas ao mundo da cultura. O acto comezara ás 12 horas, e incluirá, ademais, as actuacións musicais de Vides Novas e da Asociación de Acordeóns de Campelo, así como o reparto de bandeiras e agasallo conmemorativo ás novas entidades inscritas no rexistro municipal de asociacións, así como ás persoas que o solicitaron previamente en cultura@concellopoio.gal.
O alcalde Ángel Moldes foi o encargado de anunciar que nesta primeira homenaxe recoñecerase ao Ateneo Corredoira de Combarro, Vides Novas e a Escola de Acordeóns de Campelo. A entrega de premios estará acompañada da exposición Son Poio, Son cultural local.