Visita a unha vivenda de Sanxenxo premiada polo seu deseño

PONTEVEDRA CIUDAD

11 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Delegación de Pontevedra do Colexio de Arquitectos de Galicia Pontevedra organiza dende este sábado un ciclo de visitas ás obras distinguidas nos Premios Gran de Area 2023 na área de Pontevedra. Así, nesta xornada desenvolverase unha visita guiada pola vivenda unifamiliar construída en Sanxenxo, no Lugar de Arra en Sabugueira, obra do estudio Rodríguez e Pintos e posterior coloquio.