Ía Rodríguez: «Co tempo aprendín a dicir que non, menos ao Compos, á avogacía e á montaña»

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

SANTIAGO

XOAN A. SOLER

Xosé María Rodríguez es conocido en Santiago por ser uno de los rostros de las peñas blanquiazules, por haber llevado como abogado casos mediáticos y por abanderar, desde hace diez años, la práctica del trail. «Agora non me asustan carreiras de ata 100 kilómetros», subraya

22 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Se llama Xosé María Rodríguez, pero muchos en Santiago lo conocen como Ía. «E non é pola intelixencia artificial», bromea. «Iso vén dende neno, cando meu irmán pequeno, ao non lograr pronunciar o meu nome, dicía Ía. Nos distintos ámbitos nos que me involucrei, chámanme así», apunta, locuaz, este compostelano polifacético de 48 años. «Antes, cando se me propoñía algo, eu sentía como a responsabilidade de estar aí. Co tempo aprendín a dicir que non, menos ao Compos, á avogacía e á montaña», repasa sonriendo.

«Meus pais, de Santander e Valladolid, chegaron aquí, el para dar clase durante un tempo na Facultade de Física, pero lles gustou tanto que quedaron. Tres dos catro irmáns nacemos en Santiago», rememora sobre una infancia ligada a su colegio, Juniors, y ya al Compos. «Comecei a ir ver o equipo por casualidade. A primeira vez foi co meu pai, aínda en Vista Alegre, no ascenso a Segunda B. Nós non eramos futboleiros. De feito, máis que o fútbol, o que me gusta é o Compos, o seu ambiente, que descubrín daquela», sostiene, y admite que a lo largo de los años se convirtió en uno de los rostros más visibles de las peñas de la afición blanquiazul. «Aos 16 anos entrei nas Brigadas Radikales, a histórica, coa que viaxaba moito. Despois pasei polos Changos e a do Gato Félix, chamada así pola frase atribuída a Caneda de "rexurdiremos como o gato Félix"», señala, recordando con aprecio al histórico presidente. «Fun o representante das peñas, tamén na etapa máis difícil, formando parte da comisión de salvación. Non esquezo unha vez na que fora falar con Caneda por se vendía as accións co nerviosismo de pensar se a solución pasaba polas miñas mans...», comenta con amor por el equipo. «Logo estiven na directiva, na área social, pero deixeino porque o que me gusta é o ambiente de abaixo, da bancada, non tanto o do palco», reflexiona. «O bonito é ter vivido todo, desde o choque cos grandes en Primeira ata o fútbol de barandilla en Rexional Preferente», destaca, y afirma que, cuando puede, aún va al campo, ahora con sus hijos.

El santiagués Xosé María Rodríguez no esconde nunca sus pasiones. «<span lang= gl >Os meus dinme que nas redes sociais, e por ser avogado, debería ter fotos máis serias, pero eu non son así</span>», sostiene.
El santiagués Xosé María Rodríguez no esconde nunca sus pasiones. «Os meus dinme que nas redes sociais, e por ser avogado, debería ter fotos máis serias, pero eu non son así», sostiene. XOAN A. SOLER

«De mozo, nunha emisora universitaria, tiven un programa sobre o Compos. De feito, a miña vocación era o xornalismo, pero, ao non entrar, estudei Dereito, e feliz», subraya, y explica que, desde hace años, es socio, con un compañero, del despacho Abogados Rodríguez y Villamor, en Padrón, en el que llevó causas mediáticas. «Sendo avogado, cobras relevancia cando defendes a alguén coñecido, como á veciña que denunciou irregularidades na Fundación Cela ou ao policía local de Santiago, José Antonio Carril. Sen embargo, para nós hai outros casos moitos máis importantes. Eu especialiceime en Dereito Civil e hereditario, algo que me apaixona. Levo agora un caso dun falecido cun patrimonio importante en Arxentina e Galicia. Toda esa batalla e colaboración xurídica internacional, coa aplicación tamén do Dereito propio galego, entusiásmame», remarca, recordando que, entre medias, tuvo una breve incursión política.

«No 2014, un amigo faloume da opción de poder ser candidato por Compromiso por Galicia á alcaldía de Santiago, algo que non logrei. Foi unha experiencia da que aprendín moito, pero esixe tempo... Nese momento eu xa tiña fillos e decidín que había que empezar a recortar», razona. «Ademais, un pouco antes, e tras deixar de fumar, comezara tamén a correr. Probei os trails de montaña, e iso atrapoume; fóiseme das mans», acentúa riendo. «De pequeno facía montañismo co meu pai... Hoxe non me asustan carreiras de ata 100 kilómetros. O pasado domingo corrín na Ribeira Sacra, vendo, dende o alto, un mar de nubes. Iso é un privilexio... Non importan nin os -3 graos baixo cero nin o madrugón», resalta sin descanso. «Estou na directiva do Tribu Trail de Boiro e aquí axudei a montar o SD Compostela Atletismo», añade.

«Adestro a diario. Tras horas no despacho, é a miña terapia. Como non teño parada, gústame trastear con vehículos antigos, como unha furgoneta dos anos 70 ou unha Lambretta» defiende, y enseña fotos de su última camperización. «Meu pai, quen era moi manitas, ensinoume a facer de todo», desliza con cariño. «A miña meta era lograr tempo para min e para a miña familia e logrei esa estabilidade. Teño o que quero», enfatiza feliz.