El veinteañero que mira al suelo de Santiago y recolecta imágenes de tapas de sumideros: «O chan que pisas tamén conta historias»

VIVIR SANTIAGO

Cedida por @Chanpostela

Damián da Silva abrió la cuenta Chanpostela en Instagram, que alimenta con imágenes diarias que hace durante los paseos con su perro. «Unha das tapas que me esperta máis curiosidade é a que, cun mapa de Galicia no centro, pon o nome do Concello de Compostela, pero con 'n', 'Conpostela'», apunta

06 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Fue hace tan solo una semana cuando Damián da Silva, vecino de Santiago, abrió su cuenta en Instagram, pero, con su temática y su nombre, Chanpostela, la página ya no pasó desapercibida. «Desde hai tempo fago fotos das tapas de sumidoiros de Compostela e un amigo animoume a recolectalas nesa conta, para tamén ter eu un rexistro», explica el joven, de 28 años, aclarando cómo el suelo de Santiago despertó su interés.

«Eu, tras rematar a miña tese de doutoramento, comecei a opositar para a administración. Agora sigo niso. No día a día trato de dar paseos e, ademais, saio dúas veces ao día co meu can. Eu vivo na zona vella de Santiago, en Casas Reais, e tanto vou paseando cara a parte norte da cidade, como polos parques próximos á rúa de San Pedro, os de Bonaval e a Almáciga, así como cara a parte máis sur de Compostela. Antes vivía en Santa Marta, e dese barrio teño tamén moitas imaxes», comenta con ilusión ante el trabajo fotográfico iniciado y que alimenta a diario en Instagram.

«Sempre digo que o chan que pisas tamén conta historias, e é así. Eu, polo can, xa saio case obrigado a mirar para o chan, pero a medida que me fixaba nos sumidoiros, sobre todo nos que teñen simboloxía distinta, como xacobea ou relativa ao concello de Santiago, pouco a pouco funme interesando cada vez máis», aclara el joven, haciendo un repaso a lo hasta ahora ya inmortalizado. «Gústanme por exemplo moito as que poñen “Alcantarillado. Universidad de Santiago'' e que se atopan en moitos sitios do campus sur. Fíxonas Fundiciones Franco, unha firma histórica situada no Carme de Abaixo e que pechou a súa fábrica de Santiago en 1988. Dunha cousa comezas a mirar noutra. A historia desa empresa é moi interesante», comenta con viva ilusión Damián, poniendo el foco en que las tapas de sumidero que más le llaman la atención son las que tienen algo propio. «A medida que andas, daste conta que moitas son iguais dun concello a outro. Pertencen á mesma fundición, e só cambia o nome do municipio. No caso de Compostela algo por exemplo bonito son as que son características do barrio de Vite, co seu nome realzado», subraya el joven, aclarando que él, hasta el momento, solo fotografía las que son redondas.

«Rapidamente vanas identificando, como as feitas en Fundició Dúctil Benito ou as que pertencen á comercializadora Silva, e que aparecen asinadas como C. Silva ou Silva», añade, aclarando el hándicap que hasta el momento encontró en el casco histórico. «Na zona vella as tapas son máis difíciles de fotografar ao non estaren moitas tan expostas por Patrimonio», aclara, compartiendo la que es, por ahora, su espinita.

«Unha das tapas que me esperta máis curiosidade é a que, cun mapa de Galicia no centro, pon o nome do Concello ao redor, pero escribindo en vez de Compostela, Conpostela, con ‘n”. Ata atopei unha información que a situaba como un dos erros máis garrafais nunha tapa de alcantarillado», señala, confiado en poder retratarla pronto.

«Algo que tamén me encantaría sería poder facer fincapé na rede de sumidoiros da cidade. Só no casco urbano de Santiago ten 605 kilómetros… Ata pensei en como podería facer para explicar nas redes como é a ‘'galería do Pombal'', a rede de canalización romana que desviaba auga ao río Sarela e que se descubriu durante as obras de acondicionamento do muro do Pombal», resalta con entusiasmo, queriendo compartir una reflexión.

«Ninguén dubida da importancia histórica de moitos enclaves, como do Obradoiro ou Praterías, pero coido que as cousas pequenas cousas, os pequenos elementos, tamén gardan moito valor. Cantas veces pasamos polas tapas e non nos fixamos... Ao menos no meu caso, pasaron de ser algo aburrido a emocionante», continúa.

View this post on Instagram

A post shared by Sumi Doiros (@chanpostela)

 

«O que eu fago non é novo. Dende hai anos é un fenómeno mundial e mesmo vin que había xente xente que viaxa polas tapas a outros países», sostiene. «En lugares como Xapón teñen moita querenza pola rede de alcantarillado e mesmo adican tapas a persoas distinguidas. Moitas son tamén coloridas», aclara el joven. «Por que non se podería adicar aquí unha aquí a xente como Isaac Díaz Pardo ou a poeta Luz Fandiño?», reflexiona en alto.

¿Y ya te propones viajar para inmortalizar más? «Por agora, e mentres estou opositando, é imposible», rechaza riendo. «Pero non descarto chegar a máis concellos limítrofes. O outro día xa fotografiei unha tapa en Bugallido, en Ames», continúa. «Animo a calquera cidadán a que me pase imaxes das alcantarillas. Nesta semana moitos agradeceron que puxese estes elementos en valor», reconoce.