Los veinteañeros que revitalizan unas fiestas en Fontiñas y reivindican con camisetas el código postal del barrio, el 15707: «Hai xente que ata o ten tatuado»

VIVIR SANTIAGO

Varios jóvenes ya nacidos en el barrio santiagués promueven para septiembre una vistosa celebración que crea expectación entre los vecinos. Esta tarde explicarán la iniciativa en el centro sociocultural de Fontiñas
04 jun 2025 . Actualizado a las 08:45 h.Esta primavera, por distintas zonas de Fontiñas, se vieron carteles que anunciaban, con meses de antelación, que el barrio compostelano tendría de nuevo en este 2025 unas fiestas. «Desde hai anos non se celebran as clásicas da zona. Eu era como unha adolescente cando se programaron por última vez. O ano pasado, mozos do barrio —moitos coñecémonos de estudar nos IES Antonio Fraguas—, lamentando entre nós que sendo Fontiñas unha das zonas con máis xente de Santiago non tivese unhas festas, decidímonos a intentar levar adiante unhas novas. O setembro pasado formouse unha primeira comisión de festas, con sete membros, de idades que ían ata os 30 anos. Eu teño 24 e son das máis novas», explica Sara García, la presidenta de la Asociación Festexando Fontiñas.
«Fomos xuntando xente, entre coñecidos e amigos, para ir aportando e tendo máis ideas. Agora na comisión xa somos 20», añade, confirmando la expectación que, poco a poco, va creando la iniciativa en el barrio santiagués.

«Eu creo que a nosa é unha das primeiras xeracións realmente autóctona, con moitos mozos nacidos no barrio. Os nosos pais instaláronse nel, pero moitos non naceron aquí», reflexiona sobre una zona compostelana cuyos primeros pisos comenzaron a levantarse hace cerca de 35 años. «Para nós o noso código postal, o 15707, é un emblema. Ata hai xente que o ten tatuado», realza, aclarando que una de las grandes iniciativas ya llevadas a cabo son unas camisetas con ese código. Unas piezas que llegarán en dos semanas y que vecinos de Fontiñas ya reservaron por Instagram. «A verdade é que moita xente a está pedindo. Por redes, supoño que tamén pola nosa idade, notamos que comeza a chamar a atención o que facemos», subraya la joven santiaguesa, incidiendo en el deseo de la comisión de implicar en la fiesta a gente de todas las edades.
«Estas novas festas témolas que facer entre todos. Por iso, xa reservamos datas no espazo xove do Centro Socioltural de Fontiñas para que os veciños que queiran poidan achegarse e suxerir propostas», apunta, aclarando que este miércoles 4, desde las 18.30 y hasta las 20.30 horas, y el próximo día 18 de junio son las siguientes fechas reservadas.
«Quixemos tamén implicar á rapazada do barrio e por iso, a partir dos colexios de Fontiñas, convidamos a alumnos a facer debuxos sobre o que lles suxería vivir aquí. Houbo propostas variadas e moi simpáticas. O cartel gañador, que fixeron dúas nenas de terceiro de primaria do CEIP das Fontiñas, será a imaxe das festas. Ese foi o cartel que xa pegamos en distintas zonas para anunciar que en setembro haberá festexos», señala, aclarando el cambio de fechas de la celebración.
«Normalmente as festas de Fontiñas eran en xuño, polo San Antón, pero con tantos eventos para este mes, como o festival O Son do Camiño, facíasenos complicado levar as novas celebracións adiante nesas datas. Por iso, trasladámolas aos días 19, 20 e 21 de setembro, para rematar o verán cun bo sabor de boca. En realidade non é que recuperemos as festas de antes; é que iniciamos unhas novas», razona Sara García.
Sobre el cartel festivo, adelanta algunas actuaciones ya concretadas. «O venres 19 pola noite estará Dj Ferre, habitual en salas locais, como a Sónar. Para a sesión vermú do domingo xa pechamos a actuación da Banda Municipal de Santiago e da Charanga BB+», detalla, aún con cautela por el tiempo que resta para las fiestas. «As celebracións si serán na rúa Roma, diante do mirador, como sempre se fixeron», apunta.