La pareja de mujeres que vivía en el siglo XIII en la rúa da Moeda Vella de Santiago: «É un caso único no continente europeo»

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

VIVIR SANTIAGO

Junto a San Martiño Pinario, frente a la Catedral, una placa recuerda que allí moraban en el medievo María Leve y Sancha Pérez, como recuerda una cantiga. «É abraiante que coñezamos a rúa onde vívían, ou pensaba vivir; que saibamos os seus nomes; e tamén a ligazón afectiva que as unía», valora el profesor Carlos Callón

03 jul 2025 . Actualizado a las 09:30 h.

«Ena Moeda Velha vai morar/ Dona Maria Leve, ao seu pesar». Ese estribillo de la cantiga de Joán Vasques de Talavera pone nombre a una mujer que en el siglo XIII, en un momento de gran auge de la lírica gallego-portuguesa, moraba en la rúa da Moeda Vella, en Santiago, en un callejón que bordea el monasterio de San Martiño Pinario, casi enfrente a la Catedral compostelana. «Sancha Perez leve vós ben parecedes». En ese otro verso el propio compositor y poeta se quejaría a Sancha Pérez por no hacerle ella caso. «O motivo é o amor que Sancha sente por María. Hai quen entende que ese ‘leve’ é un xogo de palabras polo apelido de María Leve», explica Carlos Callón, profesor de secundaria y de la Universidade de Santiago, y autor del libro Vidas e historias LGBT da Idade Media (Xerais), aludiendo a la historia entre esas dos mujeres que una placa, situada desde el 2016 en la propia rúa da Moeda Vella, también recuerda y a la que muchos miran en Compostela durante las celebraciones por el Día del Orgullo LGTBIQ+.

«O trobadorismo galego conserva, non só grandes tesouros estéticos, se non tamén históricos. E a través do trobadorismo galego, de esplendor nese século XIII, coñecemos o caso de dúas mulleres, Sancha Pérez e María Leve, que, segundo nos din as cantigas de Joán Vasques de Talavera, viviron ou pensaron en ir vivir nesa rúa de Santiago. É un caso único en todo o continente europeo xa que nel sabemos o nome dunha parella de mulleres —mesmo cunha cantiga que fala do amor entre elas— sen ser iso unha condena. Nese sentido podemos ver como as pedras non só gardan testemuños relixiosos, senón tamén históricos, e mesmo moitas veces sobre ángulos moi ensombrecidos da historia, e que cómpre repasar», destaca Carlos Callón.

«O que acontece con moita documentación antiga e medieval é que, en ocasións, sobre determinadas persoas, só que se coñece o que nos din eses documentos. Neste caso é abraiante que coñezamos a rúa onde vivían, ou pensaba vivir; que saibamos os seus nomes; e tamén a ligazón afectiva que as unía», remarca Carlos Callón, desde la rúa da Moeda Vella, una calle que conserva intacto su nombre desde el medievo.

«O nome da rúa fai referencia a que aquí houbera unha ceca, unha fábrica de acuñación de moeda nos séculos XII e XIII. Nese sentido tamén é interesar observar a importancia histórica de como no reino galego houbo varios lugares onde se cuñaba moeda propia, e como aí houbera esta fábrica, da moeda antiga», subraya Callón.

«Téñense varias teorías sobre como ambas mulleres viñeron a esta zona, sobre a que ademais tamén hai conxecturas. Unha delas é que, na Compostela medieval, a rúa da Moeda Vella era a dos bordeis, que co tempo iría logo extramuros. Hai quen defende esa posibilidade. De feito, na entrada desta rúa, consérvase, aínda que non é medieval, a figura dunha serea, moderna, pero que podería ser unha continuidade dunha simboloxía medieval. Sabemos que en varias cidades da Europa medieval as sereas eran unha marca de zona de prostitución. Outra opción é que elas puidesen vir á rúa por ser unha zona comercial», señala. 

«Sobre as mulleres tamén hai varias posibilidades de interpretación, sobre todo a partir da palabra manceba que aparece na cantiga. Pode ser que fose unha parella de prostitutas; que fosen simplemente amantes; ou a de que pasasen a ser amantes a partir de ser unha criada da outra», entiende Callón, queriendo poner el foco en otro dato.

«Algo destacado, que acontece nestas cantigas, e noutras do trobadorismo medieval galego-portugués, é que a relación entre mulleres en varias ocasións é interxeracional, sendo unha delas maior que a outra. Iso chama a atención porque non acontece nas cantigas trobadorescas que falan da relación entre homes, cando era o que podiamos esperar, ao ser ese un ideal, que viña da antiguidade. No noso trobadorismo tan rico tamén nese sentido, na información que nos chega, as relacións interxeraciones estarían, no entanto, no lado feminino», subraya.

«En moitas ocasións cando se tentou na idade contemporánea recuperar a memoria dos colectivos LGBT, víase que había testemuños da antigüidade, por exemplo en textos lésbicos, pero non se atopaba nada da Idade Media. No noso trobadorismo atopamos sen embargo, xa neste caso, unha cantiga amatoria, entre dúas mulleres sobre a que distintos profesores da USC teñen estudado moito. En conxunto, a metade dos textos sobre lesbianismo que coñecemos nestes momentos da Idade Media están escritos en galego-portugués, e iso tamén é abraiante», concluye. 

«Direi-vos ora que oí dizer,
de Maria Leve, assi haja bem,
pola manceba: que se desavém
dela: e pois lhe ali nom quer viver,
ena Moeda Velha vai morar
dona Maria Leve, a seu pesar.

Ca atal dona como ela guarir
nom pode ali, se manceba nom há;
e vedes que oí, amigos, já:
que, pois que se lhe a manceba quer ir,
ena Moeda Velha vai morar
dona Maria Leve, a seu pesar.

Ca Diz que morará ali mal e lai,
poi-la manceba sigo nom houver;
e contra Sam Martinho morar quer,
pola manceba: que, xi lhe ora vai,
ena Moeda Velha vai morar
dona Maria Leve, a seu pesar.
Ca nom pode a manceba escusar,
se na Moeda Velha nom morar».
Joán Vasques de Talavera