O sector do transporte ante a crise sanitaria: «Sen nós, as mascarillas non poderían chegar aos hospitais»
SOCIEDAD
Os traballadores continúan trasladando productos básicos por todo o país para garantir o suministro
16 mar 2020 . Actualizado a las 19:04 h.O sector do transporte pasa por un momento crítico ante a ameaza do coronavirus. O vicepresidente de Tradime (asociación de empresarios de Transporte Discrecional de Mercancías da provincia de Lugo) e xerente de Transfercas, José Fernández, explica que o sector está a adaptarse ao Estado de Alerta. «Tiveron que modificar a normativa e ampliar o tempo de transportes para favorecer o noso traballo», engade.
Fernández explica que o transporte é un sector indispensable para garantizar os distintos suministros. «Estamos detrás de moitos sectores, dende o alimenticio e ata o sanitario porque se non saen os camións, tampouco chegan as mascarillas», explica José Fernández. Por agora, el non traballa dende a casa porque, explica, «isto non é coller o ordenador e levalo, entran en escena os protocolos e incluso temas relacionados ca ciberseguridade».
«Se paramos, para o país»
«O sector do transporte non para, porque se o fai, colapsaríase todo o país. Non habería gasolina, medicinas ou alimentos. Hai moitos sectores que dependen de nós porque somos unha parte fundamental, o que mantén a cadea», engade Fernández.
As empresas do transporte estanse adaptando ao seu volume de traballo, «nas pequenas, o xerente ou o mecánico ten que seguir traballando para que isto continúe funcionando», explica José Fernández. En lugares como os talleres, o protocolo impide a entrada dos camións e que os traballadores entren en contacto, para reducir así o risco de contaxio ao mínimo posible.
Nestes intres, as empresas de transporte están establecendo distintos protocolos para garantir a seguridade dos seus traballadores. «A actividade ten que continuar, non se pode paralizar. Agora mesmo, os transportistas están traballando por toda España», explica Fernández, que asegura que os protocolos internos seguen as directivas impostas pola Organización Mundial da Saúde (OMS). Ante calquera síntoma, os traballadores deben notificar á empresa de inmediato e contactar por teléfono no número habilitado pola Xunta (900 400 116). Tamén se incrementou a hixiene e os transportistas traballan dende este luns con luvas e mascarillas.
«O sector do transporte está como moitos outros vivindo unha incertidume enorme porque está é unha situación única, na que fai falla sentido común», engade o vicepresidente de Tradime.
Pero os problemas da cuarentena tamén afectan aos transportistas. «Vanse habilitar servizos e nalgunhas áreas de servizo servirase a través de ventanilla, para que así poidan comer na cabina», explica Fernández.