Patrocinado porPatrocinado por

Galicia reclama en Madrid a inclusión da Limia no plan de modernización dos regadíos

La Voz OURENSE

SOMOS AGRO

Santi M. Amil

A Xunta censura que dos 563 millóns previstos para o plan non hai ningunha partida para a comunidade

18 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Galicia demanda ao Goberno central a inclusión da comarca da Limia no proxecto de modernización dos regadíos deseñado polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación no marco do seu plan de transformación ambiental e dixital para o sector agroalimentario. Así o acordou este xoves de xeito unánime, o Comité de Seguimento de Regadíos da Limia, nunha reunión presidida pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Inés Santé, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

 Deste xeito, o comité súmase á petición que xa fixera o conselleiro do Medio Rural, José González, a semana pasada en Madrid, no marco do Consello Consultivo de Política Agrícola para Asuntos Comunitarios. Ao tempo que considerou insuficientes os 1.051 millóns de euros consignados para o sector primario dentro do plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno central, José González considerou unha "aldraxe" que dos 563 millóns de euros previstos para regadíos non haxa ningunha partida asignada a Galicia.

Inés Santé comprometeuse en Ourense a trasladar esa demanda ao executivo central nunha reunión que manterá con representantes do Ministerio de Agricultura a próxima semana.