Isabel Vilalba deixará a secretaría xeral do Sindicato Labrego Galego

M. Cedrón REDACCIÓN

SOMOS AGRO

ALBERTO LÓPEZ

Aínda que abandona a primeira liña despois de doce anos ao fronte da organización agraria, di que continuará loitando por defender aos labregos e soberanía alimentaria  

28 nov 2025 . Actualizado a las 21:56 h.

O Sindicato Labrego Galego (SLG) celebrará mañá no auditorio de Lalín o seu XI Congreso, baixo o lema Fortalecendo o SLG para unha Galiza Labrega con futuro. Será alí onde se elixirá a nova executiva nacional e secretaria xeral porque Isabel Vilalba, quen accedeu ao cargo no 2012, deixará o cargo despois de doce anos ao fronte da organización agraria. Pero aínda que abandoa a primeira liña confesa que continuará loitando por defender aos labregos e labregas e pola soberanía alimentaria para ter produtos de calidade.   

Aínda que haberá que agardar ata mañá pola tarde para coñeer o resultado da votación, en principio presentase unha única lista de quince persoas encabezada por María Ferreiro, que representa ao sector lácteo de Teixeiro. Ata agora traballaba no SLG nesta localidade coruñesa e xa formara parte da lista de Isabel Vilalba no 2016.