El santiagués que ya tiene 50 variedades de tomates en su finca en Aríns, entre ellas el más caro del mundo

AGRICULTURA

Roberto Couto empezó hace doce años a conseguir y a conservar semillas de tomates procedentes de distintos países y, de forma ecológica, a plantarlas. Hoy en día ya tiene 500 tomateras, con las que sirve productos de todos los colores y sabores a vecinos y también a parte de la hostelería compostelana
06 ago 2025 . Actualizado a las 16:31 h.Admite riendo que mucha gente se sorprende al llegar a su finca familiar, situada en la parroquia compostelana de Aríns, ya casi en el límite con la de O Eixo. «Alucinan ao ver o que plantei aquí. Este ano ademais a produción é grande. Xa teño 50 variedades de tomates, repartidas en 500 tomateiras. Dende hai doce anos son a miña tolemia», bromea el enfermero santiagués Roberto Couto, de 50 años, que en la actualidad trabaja en el PAC de Boiro tras muchos años destinado en el Hospital Clínico de Santiago. «Empecei cos tomates a raíz de que meu pai se fixera, antes de xubilarse, con esta parcela de Aríns. Tamén para airearme, viña e axudáballe na horta, e pouco a pouco isto foime enganchando nos meus ratos libres. Formeime de forma autodidacta, investigando, tamén a partir de tutoriais, e lendo moito, como os libros de Mariano Bueno, un dos pioneiros da agricultura ecolóxica. Xa de inicio, intentei localizar variedades que non eran tan comúns aquí», aclara el compostelano.
«Comecei a cultivar, de forma tradicional, variedades de distintos produtos, como cenorias de todas as cores, tanto vermellas como brancas ou amarelas. Tamén cultivei berenxenas, pementos ou mesmo cogombros brancos. Foi a raíz de que unha compañeira de traballo deume una semente dunha variedade de tomate de cor laranxa de Bélxica, que semellaba case un melocotón, cando a miña cabeza fixo clic e me orientei en buscar e plantar só tomates. Non compro plantas de invernadoiro. Conservo as miñas propias sementes e cultivo en ecolóxico. Guíome principalmente porque todos os tomates sexan distintos, tanto por cor como por sabor. Por iso en parte a conta de Instagram da finca ten o nome de A horta das cores», subraya mientras recorre cuatro invernaderos donde se entremezclan tomates rojos, verdes, amarillos, naranjas o azulados.

«As 50 variedades que teño hoxe proceden sobre todo de nove países, entre eles España, Alemaña, Estados Unidos —principalmente—, Hungría, Austria, Xapón, Rusia, Bélxica ou Polonia. Para obter esas variedades, ás que custa ás veces chegar, traballo con vendedores, sobre todo con algúns de Francia e Alemaña. Hai sementes que poden chegar a custar un euro e das que non te venden máis de cinco ou dez», explica mientras recorre la finca de Aríns, aportando detalles de las distintas variedades.
«Aquí tanto teño un tomate laranxa de Bélxica, similar a un caki, como o Sart Roloise do mesmo país, que é branco e ten unha coroa violeta. Tamén está o Rebel Starfighter vt16, de EE.UU., que, ademais de polo seu curioso nome, chama a atención ao ser verde con liñas escuras. En xeral, os tomates verdes, como os estadounidenses Xanadu, de pel verde amarelenta con vetas verdes máis escuras, ou o Green Zebra, con raias de cor verde escuro e amarelo, son os que máis asombran e polos que a xente máis pregunta», prosigue con entusiasmo. «Aquí en Aríns plantei o Mar Azul, de Andalucía e de cor azulado; tamén o Alice's dream, de Polonia, un tomate de cor laranxa con coroa marronácea e corazón vermello; e o Brad's Atomic grape, de EE.UU., un tomate pequeno de cor aceitunada e interior verde. Outras variedades pouco coñecidas son o Ananás/piña, tamén de EE.UU., que é un tomate grande alaranxado e con corazón vermello, ou o Gargamel, unha variedade relativamente recente, de froitos de cor negra, e que, maduro, tamén ten unha tonalidade morada ou roxiza. O seu nome fai referencia ao personaxe dos Pitufos polas cores da roupa», continúa, poniendo el foco en más tomates en concreto.
«Cada ano probo novos, a ver que tal se dan. Unha das últimas variedades que incorporei, e que xa sei que vai quedar na finca moitos anos, é o Gourmansun, un tomate de Europa, aínda que non se pode precisar de onde. Ademais de pola súa cor amarela e característico pola súa forma de corazón. Ao cortalo presenta unha veta vermella; é supercarnoso», alaba.
«A partir dunha petición que me fixo un hostaleiro de Santiago tamén incorporei o Amela, o coñecido como o tomate máis caro do mundo, de orixe xaponés e que alcanza o prezo de ata 30 euros o quilo. A simple vista, pode parecer como un tomate rama estándar, pero, unha vez que está maduro, non sabe practicamente a tomate. Ten un sabor moi afroitado. Xa se diferencia tamén pola súa planta, máis baixa e robusta, de folla diferente. Eu véndoos a un prezo moito máis razoable», señala, aclarando cómo, en los últimos años, los tomates que planta en Aríns ya se pueden degustar en parte de la hostelería compostelana.
«Todo xurdiu a raíz de que, no hospital, dinlle a unha compañeira uns tomates. Ela envioulle unha foto a unha amiga, hostaleira nun restaurante coñecido da cidade. Preguntoulle onde os conseguira e púxose en contacto comigo. A partir diso, e polo boca a boca, xente de bastantes outros restaurantes de Compostela achegáronse a Aríns. Todos alucinaban ao chegar. Dicían que quen pensaba que nesta finca houbese tanta variedade», reconoce agradecido, especificando que, ya inscrito en el Rexistro de Explotaciones Agrarias y con el permiso correspondiente, también abrió la venta directa a particulares. «Non teño venda online. A xente contáctame por Instagram ou polo correo electrónico (ahortadascores@gmail.com) e achégase ata Aríns a buscar os tomates. Eu adáptome ás súas preferencias e o prezo vai acorde ao que piden. Ata o momento, moitos particulares optan por un variado, para probar tomates de distintas cores e sabores. Entre a hostalería hai de todo, quen opta por ese surtido ou quen prefire asegurarse tomates vermellos, máis estándar e de nome fácil de lembrar por se os clientes lle preguntan», comenta sonriendo el santiagués, no queriendo pasar por alto el esfuerzo que conlleva tener esos productos, considerados en algunos casos casi gourmet.
«Acadar un produto de calidade supón moitísimas horas de traballo. Eu adícolle todas as que non estou coa familia ou no traballo», razona. «Implica moitos meses de preparación. Xa dende finais de ano hai que preparar o terreo. En xaneiro e febreiro hai que sementar. Eu fago a man o meu propio sementeiro. Logo está a época de entutorar os tomates, é dicir, proporcionarlles soporte ás plantas a medida que medran. Tamén chega o tempo da poda… Meu pai xa me di que non sabe onde me metín, pero el, que tamén lle gusta, axúdame moito», reconoce.
«En Aríns agora teño principalmente tomates, pero tamén planto outros produtos, como os pementos Tatayoyo, galardoados co Premio á Innovación de Fruit Logistica 2023. De cor laranxa, destacan polo seu sabor afroitado», singulariza. «Tamén estou probando co Caviar Cítrico, un froito de aspecto de lima, pero alargado, cuxa pulpa está formada por pequenas esferas transparentes, similares ás ovas de caviar… A ver se se dan. Cando ves que apostas por algo e sae, reconforta», remarca, pensando de nuevo en los tomates.
«Agora estamos na súa época. Nestes meses de verán en Aríns multiplícanse as cores», muestra.